spot_img
InicioGaliciaO Turismo en Galicia bateu récords no 2015 ao recibir a máis...

O Turismo en Galicia bateu récords no 2015 ao recibir a máis de 4,5 millóns de viaxeiros, dos cales preto do 28% foron internacionais

o-turismo-en-galicia-bateu-records-no-2015-ao-recibir-a-mais-de-45-millons-de-viaxeiros-dos-cales-preto-do-28-foron-internacionaisSegundo os datos publicados no día de onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE), no ano 2015 Galicia recibiu preto de 4,58 millóns de viaxeiros nos seus establecementos regrados acadando un máximo histórico.

A nosa Comunidade rexistrou un incremento da súa cifra de viaxeiros no 2015 do 11,9% en relación ao ano 2014 liderando o crecemento a nivel estatal.

En canto as pernoitas, a nosa comunidade superou no pasado ano a cifra dos 9,2 millóns, rexistrando un incremento do 8,4% e acadando a cifra máis elevada dos últimos cinco anos.

Durante o pasado ano 2015, o turismo internacional da nosa comunidade incrementou nun 13,9% o seu volume de pernoitas e nun 17,9% a súa cifra de viaxeiros.

Esta mellora supuxo que o mercado internacional acadase no pasado ano un máximo histórico tanto de volume, con máis de 1,27 millóns de viaxeiros e 2,06 millóns de pernoitas, como de peso no conxunto da demanda representando o 27,8% dos viaxeiros e o 22,4% das pernoitas totais.

Pola súa parte, o turismo nacional da nosa Comunidade subiu, nun 7,0%, consecuencia dun maior volume de viaxeiros españois aloxados nos establecementos regrados de Galicia que incrementaron nun 9,8% -. Grazas a este incremento o turismo nacional acadou na nosa Comunidade os 3,3 millóns de viaxeiros, acadando a cifra máis elevada dos últimos cinco anos.

En canto á demanda rexistrada por tipoloxías de establecementos, no 2015 o 83,5% correspondeu aos establecementos hoteleiros porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis como ás pensións e o 16,5% restante ao segmento extrahoteleiro porcentaxe que corresponde aos cámpings, apartamentos turísticos e establecementos de turismo rural.

O incremento da demanda produciuse en todas as tipoloxías de aloxamento. No segmento hoteleiro o crecemento situouse no 8,3% mentres que no extrahoteleiro a suba ascendeu ao 9%.

Os apartamentos turísticos foi a modalidade que rexistrou o crecemento de maior intensidade no pasado ano 2015 ao incrementar nun 32,6% os seus viaxeiros e nun 18,6% as súas pernoitas. Estes incrementos fixeron que os apartamentos turísticos acadasen máximos históricos tanto de viaxeiros, con preto de 85.000, como de pernoitas, con máis de 320.000.

Mes de decembro
En canto ao pasado mes de decembro, Galicia rexistrou un incremento do seu volume de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados do 8,7%, superando os 193.000, e do 7,6% das súas pernoitas, contabilizando máis 354.000.

Estes incrementos fixeron que a nosa Comunidade acadase no mes de decembro as cifras máis elevadas dos últimos cinco anos tanto de viaxeiros como de pernoitas.

No mes de decembro, o turismo internacional incrementou a súa cifra de viaxeiros aloxados nun 17,8% e as súas pernoitas nun 15,7%, neste caso.

Pola súa parte, o turismo nacional subiu nun 6,4% consecuencia do crecemento do rexistrado na súa cifra de viaxeiros do 7,2%.

No que se refire ás tipoloxías de establecementos, en decembro o 92,4% da demanda turística regrada correspondeu aos establecementos hoteleiros.

No pasado mes, destacaron os incrementos rexistrados nos apartamentos turísticos, do 24% nas súas pernoitas e do 28,6% no que se refire aso seus viaxeiros, e nos establecementos de turismo rural, do 13% nas súas pernoitas e do 4,8% nos seus viaxeiros.

En termos de ocupación, destaca o crecemento rexistrado polos hoteis que incrementaron en 2,65 puntos porcentuais a súa cifra de ocupación de decembro de 2014.

- Publicidade -spot_img