spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Trofeo Conde de Gondomar cumpre 40 anos como unha das regatas...

O Trofeo Conde de Gondomar cumpre 40 anos como unha das regatas máis carismáticas do panorama náutico español

Yates-Esteano-Monte-Real-ClubIatescelebra50-aniversarioHoxe luns 13 de xullo tivo lugar no Monte Real Club de Yates de Baiona a presentación oficial en rolda de prensa da cuadraxésima edición do Trofeo Conde de Gondomar – Gran Premio SabadellGallego, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo nas rías galegas.

Ao acto asistiron representantes de o MRCY,  o Director Xeral do SabadelGalego, o Director Xeral para españa de Storax, o alcalde de Baiona e o Director Xeral para o Deporte.

A histórica competición do Monte Real Club de Yates de Baiona disputarase os días 24, 25 e 26 de xullo patrocinada por SabadellGallego e Storax

Creado en 1976 polo Monte Real Club de ates de Bayona e disputado sen interrupción desde entón, o Trofeo Conde de Gondomar celebra este ano o seu corenta aniversarios con tres grandes novidades. O programa deportivo da regata redúcese de catro a tres días de competición, celebrarase unha gran festa para conmemorar o seu cuadraxésimo aniversario, e a inscrición dos participantes será, por primeira vez na historia do trofeo, completamente gratuíta.

O programa de probas, que puntuará para o Campionato de España de Altura e a Copa de España de Cruceiros da Zona Galicia, inclúe o reto do Carrumeiro Mozo

Patrocinado por SabadellGallego e Storax, o Trofeo Conde de Gondomar deste 2015 celebrarase os días 24, 25 e 26 de xullo. A primeira xornada está protagonizada por unha das probas máis atractivas do panorama náutico español, a subida ao Carrumeiro Mozo desde Baiona, todo un reto para os navegantes máis experimentados, que deberán completar case 100 millas de percorrido até o coñecido como Cemiterio dos Gregos. Trátase dunha proba que puntúa para o Campionato de España de Altura Storax.

Para conmemorar o cuadraxésimo aniversario do trofeo, o Monte Real celebrará unha gran festa a noite do 25 de xullo nas instalacións do club

Tras esa primeira etapa, reservada para os barcos máis grandes, sairán ao auga as embarcacións máis pequenas. Farano o sábado 25 de xullo, festivo de Santiago Apóstolo, segundo día de competición. Para esa xornada hai programada unha regata de travesía dunhas 30 millas ao redor dos arquipélagos das Illas Cíes e Ons, e ao finalizar a mesma, unha gran festa nas instalacións do Monte Real, con motivo do cuadraxésimo aniversario da regata.

O Trofeo Conde de Gondomar – Gran Premio SabadellGallego acabará o domingo 26 na baía de Baiona con dúas probas barlovento – sotavento nas que participarán todos os veleiros a partir do mediodía. O punto e final da competición porao a entrega de premios aos gañadores, que se celebrará ao seis da tarde nas instalacións do Monte Real Club de Yates.

Un trofeo puntuable para outras competicións

O percorrido completo (Baiona – Carrumeiro Mozo – Baiona) que os barcos se disputarán o primeiro día de competición (Etapa Storax) puntuará para o Campionato de España de Altura. Ademais, todo o conxunto de probas da competición sumarán para a Copa de España de Cruceiros da Zona de Galicia.

Inscricións no Monte Real Club de Yates

Os barcos que desexen participar na cuadraxésima edición do Trofeo Conde de Gondomar deberán inscribirse antes do seis da tarde do día 20 de xullo, presentando o formulario de inscrición debidamente cuberto xunto coa documentación requirida. Este ano, como novidade, e por primeira vez na historia da competición, a inscrición dos participantes é totalmente gratuíta.

A próxima cita do Monte Real: o Trofeo Príncipe de Asturias

A próxima cita coas regatas do Monte Real Club de Yates de Baiona é un dos pratos fortes da tempada, o Trofeo Príncipe de Asturias 2015, que este ano terá lugar os días 4, 5 e 6 de setembro. Celebrado de forma ininterrompida desde 1985, a competición cumpre neste 2015 o seu trixésimo aniversario coas súas tradicionais probas deportivas para todo tipo de embarcacións.

- Publicidade -spot_img