spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO sector do conxelado de productos do mar factura en España 9.918.millóns...

O sector do conxelado de productos do mar factura en España 9.918.millóns de euros e dá emprego directo a 17.934 persoas

Coa presenza da delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, e o presidente de Conxemar, José Luis Freire, esta mañá presentouse o segundo Informe Sectorial da Industria e Comercialización de Produtos Pesqueiros, elaborado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e CONXEMAR.

Este documento recolle a realidade do sector en España a través dos datos que o servizo de información empresarial do Consorcio, Ardán, procesou minuciosamente e no que se pon de manifesto a potencialidade dun sector que representa un dos principais soportes da economía española.

“Ademais, reflicte a importancia que para o tecido empresarial supón o asociacionismo como instrumento para a mellora da competitividade global do sector e co que alcanzar sinerxias na compartición e na defensa conxunta dos intereses”, sinalou Teresa Pedrosa.

O informe, que inclúe os datos do último ano fiscal dispoñible (2016), reflicte que son 603 empresas as que conforman a industria e comercialización en España (sector do conxelado e conserva), e que facturaron conxuntamente 12.992 millóns de euros e xeraron 28.373 empregos directos. No seu conxunto as empresas do sector xeraron en 2016 un valor engadido bruto de 1.405 millóns de euros fronte aos 1.261 millóns creados en 2015 por esas mesmas empresas.

Os asociados de Conxemar son responsables do 59,36% da riqueza xerada polo sector en 2016. Isto supón unha mellora na cota de achega de riqueza en case dous puntos porcentuais no período.

“Como sector, temos o desafío de liderar este crecemento sostido, elevando a calidade dos nosos produtos ao máximo nivel, facéndoos cada día máis sustentables e demostrando o compromiso das nosas empresas coa excelencia, co obxectivo de reforzar o noso posicionamento nos mercados máis esixentes do mundo”, sinala José Luis Freire, presidente de Conxemar.

O SECTOR DA INDUSTRIA E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUCTOS PESQUEIROS DE ESPAÑA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Peso do produto do mar conxelado

O produto conxelado ten un peso moi relevante no sector industrial e comercializador de produtos pesqueiros en España. En 2016, alcanzou unha facturación de 9.918 millóns de euros e 17.934 empregos directos, mentres que o sector conserveiro facturou 3.074 millóns de euros e deu emprego directo a 10.439 traballadores.

Ademais, a creación de valor engadido bruto en 2016 alcanzou os 957,3 millóns de euros fronte aos 836,3 de 2015. As empresas de Conxemar xeraron o 77,8% da riqueza, o que supón unha mellora de 1,5 puntos porcentuais.

A Asociación CONXEMAR en cifras

As 224 empresas que forman parte de CONXEMAR alcanzaron unha facturación conxunta de 8.002 millóns de euros en 2016, o que representa o 62% da facturación total do sector industrial e comercializador en España, e 15.320 empregos (54% do total).

 

 

 

 

 

 

 

- Publicidade -spot_img