spot_img
InicioBaixo MiñoO salón de plenos do Concello de Tomiño máis accesible e multifuncional...

O salón de plenos do Concello de Tomiño máis accesible e multifuncional despois da reforma

A reforma será inaugurada o vindeiro día 21, coa celebración dunhas xornadas europeas de cooperación  transfronteiriza

O Concello de Tomiño está a rematar as obras de reforma do Salón de Plenos, para facer del un espazo accesible e dotado de mellores servizos.

comillasA  obra, que tivo un coste de  200.000 euros, incluíu a creación dun novo acceso, directo dende a Praza do Seixo, aproveitando a existencia dun calexón de servizo sen uso.

O anterior salón, cuxa reforma afrontouse cunha partida de 200.000 euros, procedente da Deputación de Pontevedra (Plan Concellos), non estaba adaptado a persoas con discapacidade funcional ou mobilidade reducida. Unicamente se situaba ao nivel da planta baixa a zona dos concelleiros, estando o resto do salón a un nivel inferior, non accesible a todos os cidadáns por ningunha das  portas existentes.

A superficie do salón rolda os 120 metros cadrados, un terzo, aproximadamente, da superficie total do Concello, razón pola cal decidiuse crear un novo acceso directo, dende a Praza do Seixo, aproveitando a existencia dun calexón de servizo sen uso. Deste xeito, o público que acude aos actos organizados na praza, poderá acceder directamente ao salón de plenos, que a partir de agora, dedicarase tamén a actos culturais, lúdicos,  xornadas de formación, etc.

Segundo explica un dos arquitectos responsables da reforma, Perfecto Cendón, “a finalidade deste proxecto era definir as obras de acondicionamento da estancia, aproveitando a oportunidade de incorporar o acceso ao Concello e salón de plenos dende a praza, coma unha unidade de equipamiento, mellorando a súa relación coa contorna inmediata e dándolle un novo sentido ao calexón de acceso”.

Datos técnicos

Entre os condicionantes aos que se deu  resposta, figuran a subida do forxado do salón, á cota do resto do edificio, e reurbanización do calexon norte, facendo del un novo acceso.

O novo salón de plenos dispón dun armario lonxitudinal corrido, integrando nel os pilares de formigón, e servindo como soporte para as actividades que se realizarán no espazo. O teito levantouse, ce revestiuse cun taboleiro de madeira contrachapada, que da continuidade á parede este, e reduce a reverberación do local.

A reforma incluíu tamén a instalación dun novo sistema de iluminación e revestimento cunha tarima de madeira, do pavimento da zona de concelleiros. Asemade, abríronse dúas ventanas para iluminación natural na fachada sur, e dúas corredoiras que permiten o oscurecemento do salón, no caso de proxeccións ou reportaxes fotográficas.

- Publicidade -spot_img