O Rosal presume dos seus excepcionais viños

o-rosal-presume-dos-seus-excepcionais-vinosOs amantes do viño teñen un cita obligada os días 13, 14 e 15 de xullo na Praza do Calvario do concello do Rosal que un ano máis reunirá a numeroso público que como en anteriores edicións podrán degustar os viños pertencentes a esta subzona do Rosal.

A feira do viño, que está xa consolidada, recibe anualmente milleiros de visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

A Inauguración levarase a cabo o venres 13, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario e a persoa encargada de inaugurar a Feira será a Conselleira de Medio Rural, Ángeles Mejuto Vázquez. Por outra banda, a encargada de facer o pregón este ano será a actual Vicepresidenta do prestixioso Institute of Masters of Wine, Sarah Jane Evans. Escritora, periodista, experta e apaixoada dos nosos viños e unha das figuras máis relevantes do Reino Unido.

o-rosal-presume-dos-seus-excepcionais-vinosA Feira do Viño do Rosal deste ano foi presentada pola alcaldesa María del Carmen Alonso quen estivo acompañada por Charo Tabales Perozo, Concelleira de Cultura, responsable das Exposicións realizadas na Feira do Viño e de Rosa Ruiz. A acto acudiron un importante número de responsables das adegas participantes.

O centro desta festa que conta co recoñecemento de Interés Turístico será un ano máis a praza do Calvario, onde se instalarán as trece casetas que participan este ano. A inauguración está prevista ás 20 horas do venres, sendo a pregoeira Sarah Jane Evans, unha galardoada escritora e xornalista especializada en viños, copresidenta de Decanter World Wine Awards e presidenta do 2018 Institute of Masters of Wine Symposium.

Nesta ocasión, e como xa é habitual desde hai algúns anos, instalarase unha carpa con capacidade para 250 persoas, así como 100 mesas altas e outras tantas baixas para acoller aos numerosos visitantes que se esperan visiten O Rosal ao longo dos tres días de feira.

Unha das grandes novidades será a organización dunha cata comentada coa participación das adegas ás 13.30 horas do venres nos baixos da liga dous Amigos, sendo necesario apuntarse para participar. Ademais dos viños, poderanse atopar produtos típicos da zona e unha ampla oferta gastronómica que elaborarán sete restauradores do municipio.

A música, o deporte e as actividades para os máis pequenos completarán o programa elaborado polo Concello, que aposta polos máis pequenos con zona de xogos para eles, talleres e un showcooking para nenos a partir de 5 anos que impartirá a Escola Profesional de Hostalería do Baixo Miño.

Para poder participar nesta actividade será necesaria a inscrición previa. O apartado musical contará coa actuación de agrupacións tradicionais e grupos como Terapia de Grupo e A Patrulla. Tampouco faltarán nesta edición os autobuses desde Tui e A Guarda para trasladar aos asistentes, con prezos que oscilarán entre un e dous euros, dependendo do percorrido

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies