spot_img
InicioO SalnésO Proxecto Pousadas do Salnés, turismo sen barreiras e sen terminar

O Proxecto Pousadas do Salnés, turismo sen barreiras e sen terminar

O Proxecto Pousadas do Salnés, turismo sen barreiras e sen terminarO proxecto POUSADAS é un plan de dinamización xestionado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a creación dun turismo accesible e sustentable na comarca do Salnés. Iniciado en 2007, pasou por momentos de certas dificultades, non só pola oposición de forzas políticas con representación na zona , por considerala un” novo Gaias”, tamén a adxudicación dos establecementos supuxo un quebradizo de cabeza para a Deputación, dadas as dificultades para atopar un adxudicatario cos requisitos mínimos esixidos.

Por fin, coa primavera o Ente Provincial que preside Rafael Louzán, adxudicou a xestión das Pousadas do Salnés ao grupo catalán Hotusa e por un período de 12 anos. Hotusa conta con presenza en 50 paises.

A posta en marcha deste plan abarca a creación de establecementos turísticos accesibles na súa totalidade,rutas pola ComarcaO Proxecto Pousadas do Salnés, turismo sen barreiras e sen terminar que se intercomunican coas Pousadas e escavacións arqueolóxicas. Todo adaptado para o goce de todos, promovendo un turismo sen barreiras; que será un referente no ámbito internacional.

As previsións mais optimistas, indicaban que os establecementos estarían a funcionar despois de pasado o verán, pero puidemos comprobar que no caso da Pousada de Armenteira, a edificación está terminada, pero os accesos ainda non.

A Pousada de Armenteira

Situada na parroquia de Santa María de Armenteira, no concello de Meis,está formada por diversas edificacións que se distribúen na parcela de maneira graduada, adaptándose á topografía do terreo, logrando un conxunto funcional e completamente accesible.

Na cota máis alta da parcela encóntrase a zona de entrada da Pousada, que recolle ó visitante a modo de claustro delimitado polo edificio de recepción, por un dos volumes de habitacións e polo núcleo de comunicacións verticais.

O Proxecto Pousadas do Salnés, turismo sen barreiras e sen terminarA través deste accédese a unha cota superior, onde se distribúen os usos de maior relación social en dous volumes conectados entre si. Tamén se accede a través do núcleo de comunicacións a unha cota inferior, na que se sitúa un segundo volume de habitacións. Na parte máis baixa da parcela sitúase unha piscina descuberta para o uso exclusivo dos hóspedes.

A Pousada é exemplo dunha arquitectura que, perseguindo unha imaxe acorde co carácter público do edificio e coa tecnoloxía actual, non compite espacialmente co mosteiro na escala global do contorno, pero tampouco renuncia á súa propia calidade e personalidade arquitectónica desde unha escala máis próxima.

 

- Publicidade -spot_img