spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO proxecto de mentoring na Guarda, terá continuidade grazas ao convenio que...

O proxecto de mentoring na Guarda, terá continuidade grazas ao convenio que firmaron o Cocello e La Caixa

O concello da Guarda firmou esta semana un convenio coa Fundación La Caixa  que permitirá darlle continuidade no ano 2017 aos proxectos de mentoring e formación que se veñen realizando nos últimos anos.

A firma do convenio tivo lugar na sede de La Caixa da Guarda e a ela asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o concelleiro de Formación e Empleo, Manuel Javier Crespo, o director da sucursal de La Caixa da Guarda, Alberto García Novo e o Director da Área de Negocio Pontevedra Sur de La Caixa, Igor de las Heras Liñero.

Como ocorreu coa iniciativa de mentoring anterior, “Sementando o teu futuro”, que rematou a semana pasada, este novo proxecto de mentoring tamén irá adicado a toda a poboación da Guarda e en especial aos colectivos con maior dificultade de inserción laboral. Búscase, así, dar continuidade e repetir un programa de orientación persoal e asesoramento profesional que leva dado moi bos resultados nas anteriores experiencias, e que permitiron aos participantes mellorar e potenciar as súas capacidades e habilidades para a procura de emprego.

O concello da Guarda agradece o apoio prestado pola entidade La Caixa; así como a sensibilidade amosada e a disposición para colaborar neste proxecto.

- Publicidade -spot_img