O popular presentador Jesús Calleja gravará o seu programa nos municipios de Nigrán , Gondomar e Baiona

o-popular-presentador-jesus-calleja-gravara-o-seu-programa-nos-municipios-de-nigran-gondomar-e-baionaO popular presentador de Volando Voy volve á provincia de Pontevedra nas próximas semanas para gravar nos municipios do Val Miñor.
Así o confirmaba o Concello de Gondomar nas redes sociais, e o seu alcalde, Francisco Ferreira, a través dunha entrevista de radio. A visita e rodaxe do presentador están programadas para os días que van do 4 ao 10 de xuño. E a zona en concreto serán os municipios que forman O Val Miñor: Gondomar, Nigrán e Baiona.
Un dos motivos elixidos para a elección desta localización é que se trata dunha das zonas máis afectadas polos incendios do pasado outubro. En palabras do propio alcalde, “quere poñer en valor esta zona e dalgunha maneira darlle realce para que todo o mundo poida coñecer o marabilloso que é Rías Baixas e O Val Miñor”.

Na entrevista agradecía a acollida mediática que está a recibir a comarca, “Podemos estar orgullosos de que os medios de comunicación de tirada nacional, como xa foi no seu momento Master Chef e agora o programa de Jesús Calleja, poñan o seu punto de mira nesta zona tan bonita como é O Val Miñor”.

O mesmo alcalde adiantaba parte do contido da futura gravación. Primeiro realizarase “un simulacro de incendio no monte Galiñeiro, na zona de Vincios, con todas as medidas de seguridade, e todas as autorizacións”. Posteriormente vaise a “sobrevoar en helicóptero toda a zona do Val Miñor”, e finalmente pecharase o programa “nunha praza con moita xente, vaise facer no Concello de Baiona”. Ferreira indicaba na entrevista que se elixiu a praza de Baiona porque se buscaba un emprazamento que puidese acoller a máis de 600 persoas e tivese unha acústica de certas características. Ademais da popularidade da que goza a vila.

Un dos obxectivos de Volando Voy é descubrir a toda España novos e belos recunchos do territorio nacional

En canto ao apartado persoal e de entrevistas anunciaba que “van intervir varias persoas, ou personaxes característicos de todo O Val Miñor. Xente de medio ambiente, xente do GES do Val Miñor, e ademais, persoas que son características pola súa idiosincrasia ou a súa profesión”. Entre eles, un dos posibles convidados é un veciño que foi refén do secuestro do navío Alakrana.

Este apartado de entrevistas é unha das partes máis atractivas deste formato televisivo, principalmente cando Calleja mestúrase coa veciñanza e grazas á súa proximidade xorden historias cargadas de certa emotividade. Algo que xa ocorrese na súa anterior visita a Rías Baixas na Illa de Arousa coa historia de Benita. Na devandita ocasión, outro dos personaxes invitados foi o actor Álex Gónzalez que naquel momento estaba a rodar Vivir sin permiso xunto con José Coronado. A gravación na Illa de Arousa, a pesar de ser realizada no verán de 2017, terminaríase emitindo en novembro dese ano clausurando a terceira edición de Volando Voy.

Volando Voy é un popular programa que combina actividades de aventura xunto a entrevistas a persoas famosas e a veciñas e veciños daquelas localizacións que visita. Un dos seus obxectivos é descubrir a toda España novos e belos recunchos do territorio nacional. Fuente//Turismo Rías Baixas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies