spot_img
InicioGaliciaA CoruñaO piragüismo galego homenaxea a David Cal

O piragüismo galego homenaxea a David Cal

o-piraguismo-galego-homenaxea-a-david-calA localidade de Boiro acolle a gala do piragüismo galego

O sábado día 16 ás 19:00 terá lugar na casa de cultura ‘Ramón Martínez López’ de Boiro a gala anual de piragüismo. A Federación Galega de Piragüismo xunto co Club Piragüismo Rías Baixas organizan este acto que dá por terminada a tempada 2015.

Como mestre de cerimonias este ano contarase cun gran profesional dos medios de comunicación como é Terio Carreira, será o encargado de conducir unha festa onde David Cal recibirá a última homenaxe que quedaba despois da súa retirada da competición nesta tempada.

Tamén se entregarán os distintos premios outorgados pola xunta directiva da federación a Teresa Portela que recibirá o premio á mellor deportista feminina , Óscar Carreira e Rodrigo Germade premio ao mellor deportista masculino, Roi Rodríguez xunto Manuel Ochoa mellor promesa masculina, Camila Morison mellor promesa feminina, Daniel Brage mellor adestrado, Marta Felpeto mellor árbitro, Club Kaiak Tudense mellor club, Travesía da Toxa mellor regata, Grupo Se Radio mellor medio de comunicación e Deputación de Pontevedra compartindo premio con Sipre Kaiaks o mellor patrocinador.
No transcurso da gala daranse os premios aos tres primeiros clasificados das distintas ligas galegas de todas as modalidades.

Unhas horas antes da gala celebrarase ás 15:00 a Asemblea Xeral Ordinaria onde se tratarán os seguintes puntos:
1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.
2. Proposta de emenda ao artigo 35 do Estatuto da Federación Galega de Piragüismo.
3. Proposta da remuneración do Presidente para a tempada 2016.
4. Informe do Presidente. Memoria deportiva e económica de 2015.
5. Orzo Liquidación de FGP correspondente ao ano 2015.
6. Proxecto de Orzamento da FGP para o ano 2016.
7. Proxecto de actividades, regulamentos e calendario da tempada 2016.
8. Proposta de Regulamento de funcionamento dos grupos de tecnificación.
9. Custo das licenzas (licenza individual) para a tempada 2016.
10. Rogos e preguntas.

- Publicidade -spot_img