spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO obradoiro de emprego 'Ecosostible II' que comeza en Redondela, ofrece formación...

O obradoiro de emprego ‘Ecosostible II’ que comeza en Redondela, ofrece formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio

obradoiro-de-emprego-ecosostible-ii-que-comeza-en-redondela-ofrece-formacion-e-traballo-a-20-persoas-desempregadas-do-municipio

Este programa mixto de formación e emprego conta con dúas especialidades: cantería e xardinería e agricultura ecolóxica

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, deu comezo esta semana no Pazo Pousadouro de Redondela o obradoiro de emprego Ecosostible II, no que se ofrece formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio durante 6 meses.

Este programa mixto de formación e emprego se centra na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

No caso concreto de Redondela, o obradoiro formará a 20 alumnos e alumnas nas especialidades de cantería (10 persoas) e xardinería e agricultura ecolóxica (10) durante 6 meses onde ademais de recibir formación tamén percibirán o salario mínimo. O fin do obradoiro é a formación nestas especialidades e, concretamente, os alumnos e alumnas levarán a cabo a colocación de bordos de pedra e mobiliario urbano decorativo, así como o mantemento de xardíns e espazos verdes e o cultivo ecolóxico. Os lugares destinados para desenvolver as actividades serán a alameda de Redondela e a finca de Pousadouro.

A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, acompañaron ao alcalde de Redondela, Javier Bas, no inicio do obradoiro, onde deron a benvida aos 20 participantes. Tamén saudaron ao persoal a cargo do curso, que estará formado por un director, un titor, dous docentes e unha persoa administrativa de apoio.

- Publicidade -spot_img