spot_img
InicioO MorrazoBueuO Museo Massó de Bueu mergúllase na historia da navegación a través...

O Museo Massó de Bueu mergúllase na historia da navegación a través da colección de Antonio Rama

o-museo-masso-de-bueu-mergullase-na-historia-da-navegacion-a-traves-da-coleccion-de-antonio-rama

Instrumentos de navegación astronómica, asubíos de vapor e sirenas de néboa, xunto con pezas procedentes da casa que inventou o equipo de mergullo, son algunhas das antigüidades náuticas que se poden ver nesta mostra.

O Museo Massó bota nova luz sobre a historia da navegación coa exposición temporal ‘A arte de navegar’. A mostra, que abriu hoxe as súas portas, inclúe unha selección das máis de 200 pezas que forman parte da colección de antigüidades náuticas doadas por Antonio Rama Laguna á Xunta de Galicia, en 2015, para o seu depósito no centro museístico de Bueu.

No acto de apertura da exposición, que tivo lugar esta tarde, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, agradeceulle a Antonio Rama o seu traballo realizado durante anos para reunir unha colección que reverte agora no interese público, así como a súa xenerosidade pola doazón desinteresada dun valioso patrimonio que proximamente pasará a formar parte da colección permanente de Museo Massó.

Unha das coleccións máis importantes do Estado

“Este xesto xeneroso –afirmou– supón para o museo enriquecer de xeito notable a súa colección dedicada á historia da navegación, unha das máis importantes de todo o Estado”, xa que vén cubrir algunhas das súas lagoas, como as referidas aos sistemas de comunicación a través de sinais acústicos e luminosos, completados agora coa colección de bucinas e sirenas, ou á temática do mergullo, que por primeira vez está presente no museo a través de diversas pezas orixinais procedentes da casa Siebe Gorman, inventora do equipo de mergullo.

Coa colección de Antonio Rama –que participou no acto xunto con Paula Achermann e a directora do museo, Covadonga López– o Museo Massó incorpora tamén aos seus fondos a tecnoloxía que se vai desenvolver no campo da navegación arredor da primeira e da segunda guerra mundial, un período histórico que non estaba recollido ata o de agora e que permite ampliar o marco cronolóxico dos instrumentos da historia da navegación ata as décadas centrais do século XX, época inmediatamente anterior á invención do GPS.

Instrumentos de navegación como o círculo de reflexión, o sextante e o octante, utilizados para coñecer a situación do barco tomando como referencia a posición dos astros; aparellos empregados como sinais luminosos e acústicos, como un reflector morse, un asubío de vapor, unha serea de néboa e un megáfono, xunto con diversas ferramentas empregadas para os labores de limpeza e mantemento do barco son algunhas das antigüidades que se exhiben ver nesta nova exposición temporal do Museo Massó.

A programación expositiva durante este verán nos centros museísticos de xestión autonómica pode consultarse na Axenda de Cultura de Galicia, enwww.cultura.gal.

- Publicidade -spot_img