spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Monte Real Club de Yates de Baiona (MRCYB) volve en 2016...

O Monte Real Club de Yates de Baiona (MRCYB) volve en 2016 ás regatas internacionais coa Baiona – Azores

Monte-Real-Club-Yates--Blas de Lezo-organizan-Baiona-seminario-dereito-náutico-explicar-últimos-cambios-introducidos-lexislaciónO club baionés retoma coa Baiona Azores Atlantic Race un tipo de competición pola que se fixo mundialmente famoso na década dos 70.

O Monte Real Club de Yates volve en 2016 ás regatas internacionais coa Baiona Azores Atlantic Race, unha proba que partirá o próximo 3 de xullo da vila mariñeira galega e que terá como primeiro destino o Angra Iate Clube, na Illa Terceira do arquipélago luso. O club baionés retoma así un tipo de competición náutica pola que se fixo mundialmente famoso na década dos anos 70.

o-monte-real-club-de-yates-de-baiona-mrcyb-volve-en-2016-as-regatas-internacionais-coa-baiona-azores

A proba partirá o próximo 3 de xullo da baía de Baiona e terá como primeiro destino o Angra Iate Clube, na Illa Terceira do arquipélago de Azores

A Baiona – Azores é unha das 11 regatas que forman parte do calendario de competicións do Monte Real para este ano que empeza, un amplo programa deportivo que se abre este mes de xaneiro coa liga de Inverno Clase J80. É un campionato destinado en exclusiva a este tipo de embarcacións que dá continuidade á liga SabadellGallego Clase J80, celebrada nos últimos meses na baía de Baiona. A liga de Inverno de J80 inclúe seis xornadas de probas, os días 16 e 30 de xaneiro, 13 e 27 de febreiro, e 12 e 13 de marzo.

En febreiro, o Monte Real será tamén o encargado de organizar o Trofeo Baitra – Campionato Galego de 420, que se disputará os días 13, 14 e 20. É unha cita que reunirá aos 30 barcos que conforman a frota de 420 de Galicia, e na que o club baionés participará con 5 tripulacións.

En abril chegarán dous das grandes competicións do Monte Real, a Regata de Inverno e a de Primavera. A primeiro, que este ano se celebrará baixo o nome de Trofeo AXA polo seu patrocinador, será os días 9 e 16 de abril, e nela volverá colaborar, como vén sendo tradición, o Real Club Náutico de Vigo. O Trofeo de Primavera, máis coñecido como Trofeo Repsol, tamén polo seu patrocinador, terá lugar os días 23 e 30 de abril e o festivo do primeiro de maio. É unha proba na que as tripulacións poñen a punto os seus barcos para encarar a zona forte da tempada de regatas.

Un ano máis, o Monte Real Club de Yates volve apostar firmemente polo deporte de base, coa organización dun Campionato Baitra de Vela Infantil os días 21 e 22 de maio, aberto á participación de regatistas de Optimist e Cadete.

En xuño chega o tradicional Campionato Galego de Solitarios e a Dous, unha regata de media distancia na que o principal hándicap é que os patróns das embarcacións teñen que manexalas en solitario ou coa axuda dun único tripulante. Celebrarase o sábado 18 de xuño, coincidindo coas probas da final da liga Social, unha competición que se disputan, ao longo de todo o ano, os alumnos da Escola de Vela do Monte Real Club de Yates.

Un fin de semana despois, os días 24, 25 e 26 de xuño, celebrarase o Campionato Ibérico Clase 2.4mR, un regata de vela adaptada. Serán tres días de competición nos que regatistas chegados de distintos puntos de España, con e sen discapacidades, competirán en igualdade de condicións na baía de Baiona.

Xullo será un dos meses craves no calendario de regatas do Monte Real, porque ademais da celebración da Baiona – Azores, incluirá a cuadraxésimo primeira edición do Trofeo Conde de Gondomar, unha das probas máis atractivas para a vela de cruceiro en España. Incluirá, como manda a tradición, o percorrido Baiona-Fisterra-Baiona, de máis de 100 millas de distancia, virando o mítico faro de Carrumeiro Mozo. O Trofeo Conde de Gondomar celebrarase este ano do 22 ao 25 de xullo.

Tras ser punto de parada en agosto da regata Pornic – Baiona, o primeiro fin de semana de setembro chegará a gran cita velística do Monte Real Club de Yates, e unha das competicións náuticas máis importantes de España, o Trofeo Príncipe de Asturias. Os días 2, 3 e 4, varias probas deportivas do máis alto nivel e numerosas actividades de lecer para os participantes encherán de vida a vila de Baiona.

o-monte-real-club-de-yates-de-baiona-mrcyb-volve-en-2016-as-regatas-internacionais-coa-baiona-azoresO calendario de regatas do Monte Real complétase con outras 10 probas nacionais entre as que se atopa o histórico Trofeo Príncipe de Asturias

No marco do Trofeo Principe de Asturias entregaranse, un ano máis, os Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, uns galardóns cos que se recoñece o traballo de persoas e institucións a favor do mundo da vela, así como os seus valores humanos e deportivos.

A liga de Outono Clase J80 será a encargada de clausurar o calendario deportivo do Monte Real para este ano 2016. Serán catro xornadas de probas organizadas en exclusiva para estes monotipos os días 15 e 29 de outubro e 12 e 26 de novembro.

Para máis información sobre as distintas competicións do club baionés, os regatistas poden poñerse en contacto co club a través do correo electrónico, escribindo un email a secretaria@mrcyb.com, ou chamando por teléfono ao 986 385 000. 

Calendario Regatas MRCYB 2016

- Publicidade -spot_img