spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Matamá convértese no terceiro equipo vigués en conquistar a Copa Deputación

O Matamá convértese no terceiro equipo vigués en conquistar a Copa Deputación

A Copa Deputación deuse un baño de prestixio nas Gaiandas (Gondomar). O Matamá impúxose ao Umia por 2-1 e levantou por vez primeira o trofeo, no que releva ao Sárdoma no palmarés.

Final da IV Copa Deputación no Municipal de As Gaiandas en Gondomar. Asistiu a presidenta da  Deputación, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Deportes, Chelo Besada e a deputada de Emprego, Montse Magallanes, ademais dos alcaldes de Gondomar e Ribadumia. Excelente ambiente nas bancadas, con numerosos seguidores de ambos os dous equipos. Ao final do encontro, a presidenta da  Deputación baixou a felicitar persoalmente ao trío arbitral feminino que dirixiu o choque.

Matamá convértese no terceiro equipo vigués en conquistar a Copa DeputaciónKily, a porteira e capitá do Matamá recibiu da presidenta Carmela Silva o trofeo de campioas despois dun partido de sufrimento, emoción e, sobre todo, dunha final igualada

O  Matamá convértese no terceiro equipo vigués en conquistar a Copa  Deputación tras A Oliveira (2016) e Sárdoma (2017). Na entrega de premios, o  Matamá fixo o corredor ao Umia e as xogadoras do equipo do Salnés corresponderon co corredor ás campioas. Lección de clase. Todo ben.

Matamá: Kily;  Nerea, Pipa Paz,  Ani,  Graza ( Xiana,  min. 61), Sara Porto, Lara, Natalia,  Pau (Lorena,  min. 54), Noelia e Sara  Debén.

Umia C. F: House; San (María,  min. 85), Jessica,  Domi,  Graci, Laura (Alba  Barral,  min. 20), Paula, Eva ( Vanesa,  min. 78),  Vero (Marga,  min. 55), Antía ( Yoli,  min. 68) e Alba  Ferré.

Goles: 1-0, minuto 32:  Pau. 2-0, minuto 79: Noelia Pereira. 2-1, minuto 88: Marga.

Árbitro:  Elena Casal, do comité galego, con Sofía Gándara e Paula  Balboa nas bandas. Amoestou polo Umia a Alba  Barral,  Domi e  Yoli.

- Publicidade -spot_img