O Kayak Tudense acada o terceiro posto na Copa de España de Asturias

o-kayak-tudense-acada-o-terceiro-posto-na-copa-de-espana-de-asturiasO Club Kayak Tudense acada o terceiro posto na Copa de España de Asturias. Os de Tui conseguiron terminar o fin de semana con sete medallas, catro de ouro, unha de prata e dúas de bronce.

O Kayak Tudense logrou a terceira posición na I Copa de España Sprint Olímpico, segunda competición da liga Hernando Calleja, que se disputou no encoro de Trasona (Avilés) este fin de semana, o conxunto tudense sumou sete metais nas dúas xornadas de competición. A clasificación xeral por equipos gañouna o Club Piragüismo Aranxuez con 1175 puntos, mentres que o Náutico Sevilla logrou 705 puntos e o Kayak Tudense 660 puntos.

Despois de dúas competicións de liga o Kayak Tudense atópase empatado a puntos en segunda posición co Club Náutico Sevilla, mentres o Club Piragüismo Aranxuez é o líder indiscutible con dúas vitorias consecutivas nas dúas probas disputadas.

O éxito da delegación galega faise patente ao comprobar as clasificacións nas distintas copas por sexos que se disputaban nesta competición. En categoría senior o Kayak Tudense foi segundo en homes mentres que o Breogán foi cuarto, Naval de Pontevedra quinto e Piragüismo Poio foi sexto e Illa de Arousa oitavo, pola súa banda E. P. Cidade de Pontevedra foi terceiro en mulleres, seguido polo As Torres cuarto, Kayak Tudense sería sexto, Breogán oitavo e Ría de Aldán noveno. A categoría xuvenil tamén deixou bos resultados e o Ría de Betanzos conseguiu o sexto posto, Naval de Pontevedra sétimo e Piragüismo Rías Baixas oitavos homes, mentres que o mellor clasificado en mulleres foi Club As Torres Romería Viquinga en terceiro lugar, Kayak Tudense cuarto e E. P. Cidade de Pontevedra oitavo.

A estes éxitos por equipos hai que sumarlle a multitude de medallas conseguidas polos deportistas galegos na competición asturiana. Aínda que o dominio galego quedaba patente nas finais individuais do sábado pola mañá, pola tarde non ía ser menos e lográronse varios metais. Nos finais dobres en categoría senior conseguíanse tres ouros dos catro posibles, en kaiak masculino Rubén Millán e Pedro Vázquez do Kayak Tudense finalizaron en primeira posición nunha axustada chegada con Francisco Cubelos e Javier Hernánz. Os canoistas do Piragüismo Poio Adrían Sierio e Sergio Vallejo impuxéronse a Noel Domínguez e Diego Romeu en C2. Mentres que Raquel Dacosta xunto con Rebeca Laurijssen ( As Torres) conseguiron o bronce en K2.

Pola súa banda Jenifer Casal formando parella con Antía Jácome lograron o ouro na final de C2, nesta mesma regata Andrea Vázquez e Sofía Mariño Puragüismo Rías Baixas) alcanzaron a terceira posición. Os xuvenís do Ría de Betanzos Iván Fernández e Kevin García cruzaban a liña de chegada en terceira posición en K2. As mozas do Kayak Tudense Lara Feijoo e Joana Dous Santos resultaron vencedoras nunha final na que Carla Frieiro e Natalia Guillán ( As Torres) foron segundas. Na final de C2 feminina María da Pena e saara Abilleira(E. P. Cidade de Pontevedra) venceron con autoridade. Polo que respecta ás finais de K4 e C4 as medallas fóronse sucedendo durante toda a mañá de hoxe. A embarcación do Kayak Tudense impoñíase na final de K4 1000 metros, mentres que o Naval de Pontevedra terminaba segundo. En C4 o sería o Breogán o vencedor mentres que o Kayak Tudense ocupaba a segunda praza do podio. A piragua do Ría de Betanzos conseguía a medalla de prata e o Naval de Pontevedra a de Bronce.

A distancia de 500 metros deixaba máis medallas galegas. A mulleres do Club As torres conseguía o terceiro posto en senior, mentres que as súas compañeiras de equipo repetía terceiro posto en xuvenís. En categoría masculina a tripulación do Kayak Tudense repetía triunfo, mentres que o Ría de Aldán chegaba en terceiro lugar. Os mozos do Ría de Betanzos conseguían o ouro en xuvenís, nunha regata na que o Ribeiras do Tambre terminaba en terceiro lugar. A modalidade de paracanoe tamén deixaba varios metais galegos. Adrián Mosquera (Piragüismo Rías Baixas), María del Mar Naveiro (Breogán), Juan Rodríguez (Illa de Arousa), conquistaron os seus metais nas distancias de 500 e 200 metros.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies