spot_img
InicioBaixo MiñoO IV Duatlón Popular de Tomiño e o Campionato Galego de Duatlón...

O IV Duatlón Popular de Tomiño e o Campionato Galego de Duatlón Escolar terán lugar o próximo 13 de maio

CARTEL DUATLON 2017 (Copiar)As probas consistirán nunha carreira a pé seguidas dun percorrido en bicicleta.

A Asociación de Comerciantes de Tomiño (Adeto) organizan coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Tomiño, e a Federación Galega de Triatlón (Fegatri), o IV Duatlón Popular de Tomiño así como o Campionato Galego de Duatlon Escolar, que terá lugar o vindeiro sábado, 13 de maio, a partir das tres e media da tarde.

Despois do éxito das edicións anteriores, decidiuse realizar  este duatlón, no que as persoas inscritas roldan as 120 na categoría absoluta e 250 na final galega, repartidas nas distintas categorías: benxamíns, alevíns, infantil e cadete.

A proba, consistirá en realizar en primeiro lugar, unha carreira a pé e, seguidamente, un circuito en bicicleta, con diferentes distancias, segundo a categoría.
Dende ADETO explican que “o obxectivo do duatlón é realzar a asociación a través de actividades deportivas, sociais e culturais que dinamicen o núcleo urbano e atraian a xente de fora de Tomiño, beneficiando así ós seus asociados” e dende o Concello reitérase o apoio que se lle da a este tipo de eventos promovendo a práctica de deportes e os hábitos de vida saudables, ademáis da repercusión que causan no comercio local.
A primeira carreira será a dos benxamíns, que comezará ás 15.30 horas; seguida da dos alevíns, ás 16.00 horas; infantil, ás 16.40; cadete, ás 17:30 e, finalmente, a dos adultos, con saída ás 19.35 horas.

A saída será para todas as probas na rúa Colón, e a zona de transición e meta, na Rúa Daniel Calzado Poceiro.

A entrega de trofeos será ás 18:45 horas na Praza do Seixo para as categorías escolares e ás 21:00 horas para a proba absoluta.

Colaboran coa organización deste duatlón popular de Tomiño, Policía Local, Protección Civil, MR Dixital, Supermercados Froiz e DIA de Tomiño, Ximnasio VYP, DIFERSA e Cocacola.

 

- Publicidade -spot_img