O INJUVE e a Universidade de Vigo presentan unha nova xornada do programa PrevenT

o-injuve-e-a-universidade-de-vigo-presentan-unha-nova-xornada-do-programa-preventInstituto da Mocidade ( INJUVE) e a Universidade de Vigo presentaron este mércores, na Sala Cambón, a nova xornada do Programa PrevenT para a promoción de hábitos de vida en mozas e mozos a prevención da enfermidade cardiovascular desde as primeiras etapas da vida. A Xornada desenvolverase no Campus Lagoas- Marcosende, o próximo 18 de abril.

Na presentación interviron, Javier Dourado Soto, director do INJUVE; Manuel J. Fernández Iglesias, Vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo; Ignacio López-Chaves Castro, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Vigo e Jose Luís Nuñez Gago, CEO de S. H. Clinifarma.

A xornada conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e co patrocinio da Fundación Mylan para a Saúde e de Subministracións Hospitalarias Clinifar

Javier Dorado explicou que “este é un programa que hemos deseñado desde Injuve coa colaboración do doctor Donaire e coa finalidade de previr os hábitos nutricionáis nocivos na xuventude desde as primeiras etapas da vida”. Dorado, tamén quiso agradecer a Universidade de Vigo as facilidades para poder desenvolver esta Xornada. Tamén detallou os contidos do programa.

O día 18 de abril de 2018 o programa PrevenT chega á Universidade de Vigo con contidos e actividades para fomentar un estilo de vida saudable na mocidade mediante a formación e a sensibilización relativas aos hábitos de vida saudable. Así mesmo, o programa pretende informar sobre os riscos que existen para a saúde, promover a adquisición de hábitos saudables e dar a coñecer as políticas de saúde pública que estean baseadas na prevención dos diferentes factores de risco.

O obxectivo do Programa PrevenT do INJUVE é promover hábitos de vida saudable e a saúde cardiovascular na mocidade mediante a formación e difusión dos datos e evidencias dispoñibles. Quere expoñer o problema e dar a coñecer as políticas de saúde pública que estean baseadas na prevención e no diagnóstico e tratamento precoz.

A actividade ten un carácter multidisciplinario e un desenvolvemento eminentemente práctico, involucrando novos e a profesionais (dos ámbitos de mocidade, educativo e sanitario) que traballan con mozos, para previr diversos factores de risco para a saúde. Nesta xornada poden participar xóvenes, técnicos de mocidade, profesionais da saúde e da actividade física e o deporte, así como outras persoas interesadas.

A xornada divídese en tres partes: A primeira, de introdución, consta de varias mesas interactivas e participativas sobre factores cardiovasculares e actividades deportivas. A segunda, exposta de forma plenaria, inclúe catro relatorios e o debate con participación dos asistentes xunto aos expertos. O formato é interactivo, con charlas curtas e un enfoque práctico e participativo. A terceira parte consta de talleres prácticos que abordan os principais factores de risco e onde os asistentes interaccionan co relator desde o inicio da actividade.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies