spot_img
InicioBaixo MiñoO helicóptero PESCA 1 de Gardacostas de Galicia realizou uns exercicios de...

O helicóptero PESCA 1 de Gardacostas de Galicia realizou uns exercicios de salvamento no porto da Guarda

O helicóptero PESCA 1 de Gardacostas de Galicia realizou uns exercicios de salvamento no porto da Guarda

A Guarda viviu unha xornada consistente na realización dun exercicio de salvamento efectuado no porto da Guarda polo helicóptero PESCA 1, ao que asistiron alumnos e alumnas do CEIP A Sangirña.

Esta exhibición levouse a cabo aproveitando que o helicóptero de Gardacostas de Galicia ía atoparse na zona realizando exercicios de adestramento.

Dende o concello da Guarda opìnan que este tipo de actividades é moi beneficiosa e xa se mantiveron conversas co xefe de Gardacostas de Galicia para poder organizar dentro duns meses outra xornada, na que os alumnos doutros colexios interesados nesta actividade teñan a oportunidade de desfrutar dunha xornada tan instrutiva.

- Publicidade -spot_img