spot_img
InicioO SalnésO Grove conta dende hoxe con una planta nova de gas natural

O Grove conta dende hoxe con una planta nova de gas natural

O Grove conta dende hoxe con una planta nova de gas natural

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, salientou hoxe, durante a inauguración da nova planta de gas natural do Grove, que a posta en marcha desta infraestrutura facilitará o acceso ao gas aos máis de 11.000 habitantes do municipio, beneficiando ao mesmo tempo ao tecido empresarial da comarca.

A nova planta facilitará o acceso ao gas natural aos máis de 11.000 habitantes do municipio

Bernardo Tahoces, que estivo acompañado polo director de Zona Norte de Gas Natural, Roberto Cámara, e polo alcalde do municipio, José Antonio Cacabelos, explicou que o gas natural achega beneficios en tres ámbitos clave: desde o punto de vista económico, xa que mellora a competitividade das empresas; desde o punto de vista enerxético, porque contribúe a elevar o grao de eficiencia; e desde o punto de vista ambiental, ao ser unha enerxía respectuosa co contorno natural.

O director xeral de Enerxía e Minas inaugura unha infraestrutura que subministrará tamén ás empresas da comarca incrementando a súa competitividade

O Grove conta dende hoxe con una planta nova de gas natural

“Hoxe damos un paso máis na nosa aposta por levar o gas natural aos concellos galegos de cara a mellorar a calidade de vida da cidadanía e impulsar a competitividade empresarial”, incidiu Bernardo Tahoces. Así, sinalou, xa no mes de agosto máis de 1.000 vivendas e empresas do Grove terán acceso ao gas, cifra que se irá incrementando na medida en que aumente a rede de distribución.

A obra realizada, por Gas Galicia SDG, suma un investimento conxunto de 300.000 euros e é o primeiro paso do proxecto de gasificación do Grove, que inclúe nos próximos anos a construción dunha rede de distribución de máis de 8 quilómetros

Neste sentido, a construción da nova planta, que sumou un investimento conxunto de 300.000 euros, explicou o director xeral, e é o primeiro paso do proxecto de gasificación do Grove, que inclúe nos próximos anos a construción dunha rede de distribución de máis de 8 quilómetros que permitirá achegar o gas á maioría dos fogares, industrias e comercios da localidade.

A actuación encádrase no marco da planificación enerxética do Goberno galego para a creación dunha rede de transporte e distribución que suma, coa incorporación do Grove, 70 municipios galegos

O Goberno galego segue así a desenvolver unha completa infraestrutura de transporte e distribución de gas que suma, coa incorporación do Grove, un total de 70 municipios, 29 deles na provincia de Pontevedra. En total, a rede de distribución de gas natural suma cerca de 3.200 quilómetros de lonxitude, e case 248.000 puntos de subministro, o que supón que o 67% da poboación galega está hoxe en disposición de utilizar esta enerxía.

- Publicidade -spot_img