spot_img
InicioGaliciaCompostelaO entroido de Galicia promóvese en Santiago cun desfile de nove grupos...

O entroido de Galicia promóvese en Santiago cun desfile de nove grupos e máis de 200 participantes

-entroido-de-galicia-promovese-en-santiago-cun-desfile-de-nove-grupos-e-mais-de-200-participantes

O público asistente puido gozar co pasarrúas de oito entroidos de interese turístico máis o do Ribeirao de Chantada

Máis de 200 persoas pertencentes a nove grupos dos entroidos tradicionais de Galicia desfilaron onte polas rúas do Casco histórico de Santiago de Compostela, dentro do III Desfile promocional do Entroido da Comunidade galega, organizado por Turismo de Galicia en colaboración coas asociacións e institucións que representan os carnavais declarados de interese turístico no territorio galego.

Deste xeito, visitantes e peregrinos puideron gozar do espectáculo ofrecido por oito grupos relacionados con outros tantos entroidos declarados de interese turístico, máis o do Ribeirao-Chantada, que este ano acudía como convidado.

Este é o terceiro ano que o departamento de Turismo da Xunta desenvolve un pasarrúas destas características, co obxectivo de promover e difundir os valores dunha das festas máis tradicionais da Comunidade galega.

Nesta edición, desfilaron, ademais do Entroido de Chantada, os de Verín, Xinzo de Limia, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Maceda, Cobres, Manzaneda e A Ulla.

O III Desfile promocional do Entroido de Galicia partiu ás 13.00 horas da Praza do Obradoiro, e fixo un percorrido polas rúas e prazas Fonseca, Vilar, Toural, Cantón do Toural, Nova, Xelmírez, As Praterías, para rematar na Praza do Obradoiro, onde se concentraron todos os participantes entre o público asistente.

Promoción conxunta

Coa celebración deste desfile, Turismo de Galicia inicia a promoción conxunta do Entroido 2017 na Comunidade galega como un recurso turístico propio de todo o territorio galego.

O departamento de Turismo da Xunta tamén apoia a promoción desta manifestación popular a través dunha liña de subvencións ás festas de interese turístico de Galicia, ademais da edición dun folleto divulgativo específico no que se detallan as características de cada un dos entroidos galegos, así como a oferta gastronómica propia das datas de carnaval e a organización de viaxes para operadores turísticos e xornalistas que difundan os valores desta celebración.

- Publicidade -spot_img