spot_img
InicioO SalnésO CRA de Ribadumia celebra os seu magosto cunha sesión de contacontos...

O CRA de Ribadumia celebra os seu magosto cunha sesión de contacontos solidarios

Concello de RibadumiaO Centro Rural Agrupado de Ribadumia celebrou o seu magosto que, ademais de enxalzar a castaña, tamén acolleu unha sesión de contos da man do artista Anxo Moure. Deste xeito, a partir das 10:00 horas comezará os talleres de contos solidarios cos mais pequenos que acolleron con ilusión esta xornada festiva.

Xa a partir das 12:00 os pais participaron asando as castañas e todos xuntos puideron disfrutar de contos como o “Carballo con botas” ou a súa última creación “o paraugas dame augas”

A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, achegouse ata o Centro para compartir cos seus veciños mais noveles esta xornada.

Contos Solidarios.

Contos Solidarios é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de Galiza, Asturias, Portugal, O Bierzo…, contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan. Esta iniciativa defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social. Xa son máis de 6.600 as sesións de contacontos en perto de 1.200 centros escolares, bibliotecas, e tamén en espazos abertos como bosques, parques, prazas, ríos… superando xa os 300.000 participantes, dende nenas e nenos de 0 a 3 anos ata os nenos maiores de ata 100 anos.

- Publicidade -spot_img