spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán súmase ao "Proxecto Ríos" o 27 de setembro...

O Concello de Nigrán súmase ao “Proxecto Ríos” o 27 de setembro cunha xornada de limpeza no esteiro de A Foz

A iniciativa de Adega terá lugar simultáneamente en corenta municipios galegos e en Nigrán se levará a cabo en colaboración coa asociación de veciños La Unión de San Pedro e voluntarios

Concello de Nigrán súmase ao "Proxecto Ríos" o 27 de setembro cunha xornada de limpeza no esteiro de A Foz.

 O Concello de Nigrán súmase o próximo domingo 27 de setembro ao “Proxecto Ríos” coordinado pola asociación ecoloxista Adega para limpar o esteiro de A Foz, na Ramallosa.

Concello de Nigrán súmase ao "Proxecto Ríos" o 27 de setembro cunha xornada de limpeza no esteiro de A Foz.Trátase da ‘VIII Limpeza Simultánea’ e terá lugar en ríos que atravesan corenta  municipios de Galicia e sempre grazas a labor de grupos de voluntarios. No caso de Nigrán cóntase coa colaboración da asociación de veciños de La Unión de San Pedro e tamén con toda aquela persoa que desexe colaborar, que deberá apuntarse na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar (pode ser vía telefónica antes do sábado, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas no 986368734) .

O punto de encontro é o Centro da Terceira Idade na Alameda de A Ramallosa ás 9.45 horas, para poder comezar a limpeza no esteiro (á altura da ponte) ás 10.00 horas, momento de máxima marea baixa. Para asistir é preciso levar luvas e botas de auga e, de ser posible, un pincho (pau cun pincho na punta para recoller o lixo máis cómodamente). A xornada alongarase durante unhas dúas horas aproximadamente.

- Publicidade -spot_img