spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán recolle a testemuña da Fundación Menela para concienciar...

O Concello de Nigrán recolle a testemuña da Fundación Menela para concienciar á sociedade sobre o autismo

o-concello-de-nigran-recolle-a-testemuna-da-fundacion-menela-para-concienciar-a-sociedade-sobre-o-autismo-3

Con este xesto, o consistorio amosa o seu compromiso para promover no a inclusión e o respecto ás persoas con este trastorno no municipio

O alcalde de Nigrán, Juan González, recolleu esta mañá a testemuña da Fundación Menela da man do seu director xeral, Cipriano L. Jiménez, no marco da campaña “Pásalo por el autismo”, que ten como obxectivo cederlle o compromiso á sociedade para promover a “Inclusión, tolerancia e respecto” das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). Con este xesto, o consistorio vén amosar o seu apoio e responsabilidade non só cos afectados senón tamén coas súas familias.

Ao acto tamén acudiron a psicóloga Antía Fernández, Axente de Emprego da Federación Autismo Galicia, e André Chapela, un dos usuarios do Centro “Castro Navás” de Priegue, do que é titular a Fundación Menela. O rexedor aproveitou para trasladarlles que o Goberno municipal está a traballar nun proxecto para mellorar a accesibilidade no entorno de Nigrán. “Queremos unha localidade para toda a cidadanía, independentemente das súas capacidades, por iso estamos a elaborar un plan que rompa barreiras cognitivas e físicas”.

o-concello-de-nigran-recolle-a-testemuna-da-fundacion-menela-para-concienciar-a-sociedade-sobre-o-autismo-3

A entrega da testemuña coincide coa proximidade do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (DMCA), que se celebra cada 2 de abril dende 2007 para pór de relevo a necesidade de mellorar a calidade de vida dos nenos e adultos autistas para que poidan ter unha vida plena e digna. Para a Fundación Menela, a xornada deste ano ten, se cadra, maior relevancia, xa que se cumpren 40 anos da apertura do seu primeiro centro en Vigo. Dende entón, a entidade non deixou de medrar, creando unha Rede de Centros que na actualidade presta atención continuada a un total de 85 usuarios e ofrece servizos esporádicos a unhas 120 persoas ao longo do ano.

o-concello-de-nigran-recolle-a-testemuna-da-fundacion-menela-para-concienciar-a-sociedade-sobre-o-autismo-3Con motivo do seu aniversario e da celebración do Día Mundial do Autismo, a fundación organiza o sábado 9 de abril o seu primeiro concerto solidario, que constituirá ademais unha homenaxe a Carlos Veiga, director da Orquestra “Castro Navás”. A actuación “Del Amor y Otros Demonios”, a cargo do dúo Pilar e Arabel Moráguez, será ás 20.00 horas no Teatro Afundación de Vigo cun custe de 6 euros.

- Publicidade -spot_img