spot_img
InicioO MorrazoBueuO Concello de Bueu presenta o proxecto de humanización para a rúa...

O Concello de Bueu presenta o proxecto de humanización para a rúa A Pedra

o-concello-de-bueu-presenta-o-proxecto-de-humanizacion-para-a-rua-a-pedra
O obxectivo deste proxecto é a ordenación do espazo na rúa, cunha clara preeminencia dos peóns nun espazo no que conflúen gran parte dos servizos da vila
Tal e como anunciara vai dous meses, o Concello de Bueu xa ten ultimado o proxecto que pretende humanizar e poñer orde nunha das rúas máis sensibles do municipio: a rúa A Pedra, na que se concentran un monte de edificios públicos, como son os centros educativos, o pavillón municipal ou o centro de saúde. “Como se trata dun vial altamente sensible, o proxecto priorizará a seguridade peonil”, destacou Félix Juncal, alcalde de bueu.
A premisa fundamental que se vai ter en conta neste proxecto, valorado en algo máis de 387.000 euros, é a seguridade, motivo polo cal se vai reordenar esta rúa, ademais de mellorar a accesibilidade e os servizos na mesma. Tal é o caso da obra de separación de pluviais e fluviais de augas residuais, para así seguir mellorando os traballos de saneamento que está levando a cabo o Concello de forma intensiva nestes últimos anos.
Tal e como apuntou o edil de obras e servizos, Fidel Castro, “a humanización será un proxecto no que se terá en conta o lugar e os usos”, pensando no conxunto da cidadanía, mais sobre todo nos pequenos/as e maiores que a diario circulan por este espazo urbano.
Agora, co proxecto enriba da mesa, o Concello buscará financiamento coa idea primeira de ser quen de executar esta obra de cara ao vindeiro 2017.
- Publicidade -spot_img