spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona ofrece máis de 35 propostas de lecer e...

O Concello de Baiona ofrece máis de 35 propostas de lecer e cultura durante o Nadal

31 días de ambiente navideño, sobre todo de actividades de colectivos da comarca
Foto: Beatriz González, Marcos Comesaña, Angel Rodal e María Iglesias

O Alcalde de Baiona, Angel Rodal Almuiña, e a Concelleira de Cultura e primeira tenente de alcalde, María Iglesias Fernández, presentaron a programación cultural “Bai Nadal 2015”, un amplo programa de actividades para estas festas de nadal.

A presentación tivo lugar no singular palco instalado con motivo das festas do Nadal na céntrica rúa Carabela Pinta de Baiona, que albergará as actuacións da programación cultural “Bai Nadal 2015” xunto co Auditorio V Centenario.

As actividades comezarán esta mesma tarde co aceso das luces e do palco, ás 19:30h. A primeira actuación terá lugar tras o aceso e será un concerto de panxoliñas a cargo da coral de Baredo.

 “31 días de ambiente navideño e sobre todo con actividades de colectivos da comarca” Angel Rodal

O Concello de Baiona ofrece durante a época do Nadal unha programación completa e variada con máis de 35 actuacións en artes escénicas e musicais para todos os públicos entre as que destaca o laboratorio máxico de Mundo Mandarina, onde grandes e pequenos sorprenderanse cos xogos de humor e improvisación, a maxia de Dani García, o conta-conto da historia de Branca Flor, o Pallaso Popín, o espectáculo para Bailar en Nadal, con xogos musicais, coreografías e bailes divertidos, batalla de globos xigantes, neve e coa actuación estelar de Micky Mouse.

Entretemento para toda a familia con inchables e obradoiros, a visita de Papá Noel e o Carteiro Real, Corais e grupos culturais de Baiona que veñen achegar o seu gran de area e a constatar o movemento cultural que se desenvolve ao longo de todo o ano no Municipio baionés; actuacións como Ardelume do Grupo de Gaitas e Pandereitas do Centro Cultural de Baiña, a actuación musical Cancións da nosa vida a cargo de Vasco, Perico, Paruca e Moncha, o Trío Son DCuatro, os Festivais de Danza de Marcando Passos e Galicia en Danza coas súas coreografías, a tradicional ruta moteira de Papás Noel que percorrerán as rúas principais de Baiona, o concerto tradicional do Coro de Homes Voces Baionesas, do Grupo de Corda e Voz Baiona Bay, do Concerto de Fin de Ano da Banda de Música de Baiona, do Festival Do Nadal de cátelas e péquelos do grupo de catequese de Baiona.

Unha mención especial este ano son os Concertos de Panxoliñas que abrirá hoxe a Coral de Baredo e a continuación seguiranlle as Corais infantís do CPI Covaterreña e Belesar que nos deleitarán coas súas tradicionais panxoliñas do Nadal cantados polos máis pequenos.

‘Grazas a todas as asociacións culturais de Baiona por colaborar co Concello, sen elas este programa sen ningunha dúbida non sería tan completo e variado’, sinalou María Iglesias. A Concelleira de Cultura tamén quixo agradecer a Aceba a súa colaboración na iluminación nas zonas comerciais.

Marcos Comesaña sinalou que ‘Iniciativas como a programación cultural “Bainadal 2015″ axudan a dinamizar o comercio local e son moi ben recibidas polos comerciantes, pois con tantas actividades as rúas de Baiona énchese de xente”.

Bai Nadal 2015Programación Bai Nadal 2015

- Publicidade -spot_img