spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona descubrirá unha placa conmemorativa na estatua de Pinzón...

O Concello de Baiona descubrirá unha placa conmemorativa na estatua de Pinzón polo seu 40 aniversario

o-concello-de-baiona-descubrira-unha-placa-conmemorativa-na-estatua-de-pinzon-polo-seu-40-aniversario

O Concello de Baiona celebrará o próximo venres, 3 de marzo, o 40 aniversario da colocación no Paseo da Ribeira da estatua en honor a Martín Alonso Pinzón, capitán de “La Pinta”, e descubrirá unha placa conmemorativa para lembrar a data.

A estatua de Pinzón, obra do escultor onubense Antonio León Ortega e regalo do concello de Palos de la Frontera, inaugurouse o 1 de marzo de 1977 coincidindo co irmandamento de Baiona e a poboación andaluza.

“Descubriremos unha placa para recordar o día en que Baiona e Palos de la Frontera decidiron irmandarse e comenzaron unha estreita relación que continúa hoxe en día para destacar o feito colombino”, apunta María Iglesias, concelleira de Cultura e 1ª Tenente de Alcalde de Baiona.

A escultura foi unha doación da Real Sociedad Palósfila Pinzoniana en lembranza da arribada do capitán Marín Alonso Pinzón a Baiona.

Este será un dos actos de apertura da XXII Festa da Arribada que levaranse a cabo o próximo 3 de marzo. Ese día haberá unha recepción ás autoridades na Casa do Concello para a continuación desprazarse ata o Monumento a Pinzón, onde ademais da mencionada placa, haberá unha ofrenda floral e as salvas da Fortaleza que declararán a apertura da festa.

- Publicidade -spot_img