spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda e as Comunidades de Montes acordan a...

O Concello da Guarda e as Comunidades de Montes acordan a creación de dous parques forestais

Concello da Guarda e as Comunidades de Montes acordan a creación de dous parques forestaisO Concello da Guarda e as Comunidades de Montes acordan a creación de dous parques forestais. Este convenio lévase a cabo ao abeiro das subvencións da Deputación de Pontevedra para a mellora dos montes.

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, recibiu esta mañá ao presidente da Comunidade de Montes Veciñal en Man Común (CMVMC) da Guarda, Manuel Castro, e ao presidente da CMVMC de Camposancos, José Fernando Martínez, para asinar senllos convenios de colaboración para a creación de dous parques forestais no Monte Santa Trega.

O acordo responde a unha iniciativa da Deputación de Pontevedra orientada a emprender accións que promovan a mellora e posta en valor dos montes da provincia, con dúas liñas de axuda destinadas aos concellos para a creación de parques forestais.

O Concello da Guarda, a través do Padroado Municipal do Monte Santa Trega, aportará 3.000€ a cada un dos proxectos das Comunidades de Montes, namentres a institución provincial achegará ata un máximo do 70% do seu custo.

O proxecto para a creación dun parque forestal na Comunidade de Montes de Camposancos ten un orzamento total aproximado de 24.250€, namentres o investimento na actuación CMVMC da Guarda estimase en 37.200€.

- Publicidade -spot_img