spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO clúster tecnolóxico BIOGA e Zona Franca reúnense para abordar a internacionalización...

O clúster tecnolóxico BIOGA e Zona Franca reúnense para abordar a internacionalización do sector biotech de Galicia

o-cluster-tecnoloxico-bioga-e-zona-franca-reunense-para-abordar-a-internacionalizacion-do-sector-biotech-de-galicia

O Consorcio da Zona Franca de Vigo conxuntamente co clúster tecnolóxico empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), celebrou hoxe, na súa sede social de Bouzas, unha xornada sobre as oportunidades de internacionalización do sector biotech galego.

Á cita acudiron empresas biotecnológicas de Galicia e un experto acreditado de cada un dos tres mercados internacionais seleccionados. Así Thomas Therstrup, asociado na firma Sunstone en Copenhague, informou sobre o sector biotechológico danés; das oportunidades do mercado israelí falou Thomas Wilckens, fundador e CEO de InnVentis en Kadima; e do mercado USA fíxoo Eduardo Areja, fundador e CEO de Era7 Bioinformaticsen, en Cambridge (Massachusetts). Estes tres expertos expuxeron a súa visión sobre as oportunidades que ofrecen eses países para a biotecnoloxía de Galicia. A xornada tamén foi un lugar de encontro entre as firmas biotech de Galicia asistentes e os representantes dos mercados xeográficos para facilitar a identificación de oportunidades de mercado internacional.

Teresa Pedrosa abriu a xornada explicando aos asistentes que o Consorcio da Zona Franca de Vigo, como axente activo de promoción económica ten unha responsabilidade directa de apoio ao desenvolvemento e crecemento empresarial e que por iso desde o Consorcio búscase impulsar programas que axuden ás empresas para mellorar a súa competitividade e por tanto a asegurar a súa viabilidade e sustentabilidade. “É indubidable que no contexto económico actual, a clave da competitividade pasa por orientarse cara a mercados exteriores, que teñan un mellor comportamento e axuden a contrarrestar a caída da demanda interna” dixo Pedrosa a quen acompañou nesta presentación a presidenta de Bioga, Carme Pampín.

A Delegada tamén avanzou a posta en marcha de á Aceleradora de Internacionalización, ViaExterior, coa que o Consorcio pretende que as empresas poidan reducir tanto o tempo de acceso a mercados exteriores como os riscos fundamentalmente asociados á falta de coñecementos achega do proceso de internacionalización e ao descoñecemento dos mercados obxectivo. ViaExterior tamén contribuirá economicamente coas empresas e proxectos que entren na fase de aceleración para que estas poidan financiar o seu proceso de internacionalización.

- Publicidade -spot_img