spot_img
InicioBaixo MiñoO Club Deportivo Miño "Teixugos" gaña a segunda proba da liga galega...

O Club Deportivo Miño “Teixugos” gaña a segunda proba da liga galega de promoción de Slalom

O Club Deportivo Miño "Teixugos" gaña a segunda proba da liga galega de promoción de SlalomO Club Deportivo Miño “Teixugos” gaña a segunda proba da liga galega de promoción de Slalom. A segunda e terceira posición na regata celebrada en Salvaterra de Miño foi para o Club Penedo e Montaña Quixós No día de onte tivo lugar a segunda competición da liga Galega de Promoción de Slalom Olímpico, que ademais pertencía á liga Ibérica de Novas Promesas.

O escenario da proba era o Río Tea no lugar de Cordeiro, parroquia de Alxén, Salvaterra de Miño. Ao termo da proba o Club Deportivo Miño facíase co triunfo da proba ao sumar 196 puntos, por diante do Club Penedo Teimporta con 149 puntos e o Club Montaña Quixós con 120 puntos.

Polo que respecta ás actuacións individuais os distintos vencedores foron na categoría muller benjamín K1 Matilde Martins (Amas Vizela) seguida por Mara Ledo (Montaña Quixós). Os tres primeiros postos masculinos da mesma categoría foron Pablo Alfaya ( Tea de Mondaríz), Sergio Vázquez ( Tea Mondariz) e Martín Prats (Montaña Quixós). Na categoría K1 alevín muller Noa Díaz levou o ouro, por diante de Nerea Gutierrez e Ximena Prats todas elas do equipo Montaña Quixós. Na modalidade de C1 repetirían o podio estas tres participantes.

Doutra banda en homes C1 Aarón González (Penedo), Brais Sánchez e Martín Fernández ambos do piragüismo Dumbría ocuparon as tres primeiras posicións do podio. Mentres que en K1 o podio foi para Valentín Varela (Penedo), Brais Sánchez (Dumbría) e Aarón González (Penedo). Ainhoa Barreiro (Deportivo Miño) foi a primeira clasificada en muller Infantil K1, a segunda posición levoulla Alba Soutelo (Deportivo Miño) e a terceira para Alexia Canosa (Dumbría). Pola contra en C1 a vitoria foi para Alba Soutelo seguida por Ainhoa Barreiro. En homes as tres primeiras posicións en K1 foron para Sergio Martínez (Deportivo Miño), Santiago Alfaya ( Tea Mondariz), Alexis Segades (Deportivo Miño), polo que respecta ao C1 Samuel Castro (Deportivo Miño), Sergio Martínez (Deportivo Miño), e Santiago Alfaya ( Tea Mondariz) repartíronse as medallas de ouro, prata e bronce respectivamente.

A próxima competición da liga disputarase en Tui o 6 de maio.

- Publicidade -spot_img