spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Centro Cultural da Guarda acolle dende este sábado a Exposición 'Faros...

O Centro Cultural da Guarda acolle dende este sábado a Exposición ‘Faros de Galicia’

Faros de Galicia é unha exposición de pinturas de Carlos Ramos Fernández presente no Centro Cultural da Guarda ata o vindeiro 7 de xullo.

Trátase dunha mostra que recolle un total de 19 obras en acrílico sobre papel, realizados coa técnica de Copic, no que o artista quixo expor a través destes lenzos a riqueza e beleza visual da ampla variedade de faros existentes ao longo da costa Galega, coma o Faro de Cabo Silleiro, o Faro das Illas Cíes, o Faro de Finisterre, o Faro de Corrubedo, entre outros. Ademais tamén se inclúen varias obras de temática urbana de Madrid e Portugal.

A Exposición está organizada pola Concellería de Cultura do Concello da Guarda e se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h  e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

- Publicidade -spot_img