spot_img
InicioVal MiñorGondomarO CEIP Serra Vincios celebrou o Día da Paz cunha Xincana que...

O CEIP Serra Vincios celebrou o Día da Paz cunha Xincana que tivo por finalidade a recollida de alimentos

O CEIP Serra Vincios celebrou o Día da Paz cunha Xincana que tivo por finalidade a recollida de alimentosA comunidade educativa do CEIP Serra Vincios organizou para os seus alumnos unha Xincana no Día da Paz, que tivo por finalidade a recollida de alimentos non perecedoiros. Así mostraron a súa solidariedade coas persoas máis necesitadas residentes no Concello.

Estas actividades de dinamización e participación social destinadas ao público infantil teñen o propósito de concienciar a alumnos e alumnas o esforzo e traballo en grupo, seguidas dunha serie de actividades que ademais serviron para exercitar as habilidades motoras tanto dos alumnos coma dos profesores que foron os últimos en realizar o percorrido, todo iso co fin de alcanzar o obxectivo marcado, que consistía en conseguir patrocinadores, cun máximo de 6 por alumno, o que levaría a 6 Kg de produto por neno.

Esta iniciativa tivo moi boa acollida entre as familias e os alumnos, todos participaron nela con moito entusiasmo, cun total de 161 alumnos/ás de Infantil e Primaria e 16 profesores do claustro.
Á terminación do acto todo unidos entoaron a canción de Magin Blanco “Meu amor estoupa”.

O próximo xoves día 5 de febreiro será o Concello de Gondomar o encargado de pasar a recoller todos os alimentos conseguidos, que serán destinados ás persoas máis necesitadas de Gondomar.

CEIP-Serra-Vincios-Gondomar-celebrou-Día-da-Paz-Xincana-recollida-alimentosCEIP-Serra-Vincios-Gondomar-celebrou-Día-da-Paz-Xincana-recollida-alimentosCEIP-Serra-Vincios-Gondomar-celebrou-Día-da-Paz-Xincana-recollida-alimentos

 

- Publicidade -spot_img