spot_img
InicioVal MiñorBaionaO CEIP de Belesar rende tributo ás 'Mulleres Galegas na Historia'

O CEIP de Belesar rende tributo ás ‘Mulleres Galegas na Historia’

o-ceip-de-belesar-rende-tributo-as-mulleres-galegas-na-historia
Foto: Deputado, Alcalde, Directora do Centro e concelleiras de Cultura, Benestar Social e Igualdade

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal e o deputado de Cultura, Xosé Leal, inauguraron a exposición no centro de ensino.

O Centro Educativo de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Belesar acolle dende este luns e ata o 2 de marzo a exposición “Mulleres Galegas na Historia” na que faise unha homenaxe a vida de dezaseis mulleres que marcaron a historia de Galicia.

O alcalde, Ángel Rodal, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, participaron na inauguración da exposición na que os alumnos de Belesar ofreceron unha representación como acto previo á apertura da mostra, que ten como obxectivo poñer en valor o esforzo e sacrificio de mulleres que loitaron ao longo da historia co fin de conseguir mellorar a situación feminina da época.

Rodal agradeceu a implicación  dos escolares e destacou o papel das mulleres homenaxeadas na loita pola igualdade. Á inauguración asistiron os alumnos do centro escolar, así coma unha ampla representación da Corporación Municipal de Baiona, entre eles as concelleiras de Cultura, Educación e Benestar Social.

o-ceip-de-belesar-rende-tributo-as-mulleres-galegas-na-historia

 

Alumnas do Centro Escolar, realizaron unha breve interpretación dalgunha das mulleres homenaxeadas, mentres unha profesora poñía música ao acto, acompañando co seu violín, coa composición musical realizada para a obra de Rosalía de Castro ‘Negra Sombra’.

Este ano o centro educativo traballa como tema central a igualdade, polo que decidiu poñer en marcha esta actividade enmarcada no Plan Municipal de Igualdade do Concello de Baiona e realizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través das áreas de Educación, Cultura e Igualdade.

o-ceip-de-belesar-rende-tributo-as-mulleres-galegas-na-historia

A exposición estará aberta ao público e todos os interesados poden visitala de luns a xoves en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Mulleres Galegas na Historia

María Balteira, Inés de Castro, María Castaña, María Pita, María Soliña, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato, La Bella Otero, Ernestina Otero, Maruja Mallo, Enriqueta Otero, María Antonia Dans, María Casares, Xela Arias, Julia Minguillón e Rosalía de Castro son as mulleres homenaxeadas.

- Publicidade -spot_img