O pasado fin de semana (os dias 24, 25 e 26) celebrouse o Campionato Do Mundo de Bolo Celta nos campos de xogo de As Cercas (Gondomar), Praia America (Nigrán) e A Palma (Baiona).
Participaron as Seleccións Nacionáis de Uruguai, España, Asturias, Portugal, Galicia e Arxentina, con dúas seleccións.
O Campionato escomenzou o venres día 24 as 16:30h rematando as 21:00h donde se xogaron as fases clasificatorias, o sabado día 25 dende as 09:00h ata as 13:00h foron as finais do campionato de parellas e dende as 16:000h ata as 21:00h as finais do campeonato individual nos campos.
O torneo disputouse nas modalidades de parellas, equipos e individual.
O domingo 26 de xuño dende as 9:30 horas ata as 13:00 horas foron finais do campeonato de equipos, e as 14:00 horas tivo lugar a entrega de trofeos e a comida de confraternidade nas instalacions de xogo do Club Bolos Camos en Barreiros.
Na categoria por equipos a campiona foi a Selección Galega formada polos xogadores Brais García, Santiago Martínez, Ángel López e Adrian Rodríguez.
Na categoria por parellas os Campions foron Cristian Rodríguez e Alberto González.
E na Categoria Individual o Campion foi J. Manuel Torres (Club Bolos San Cibran de Gondomar, representante da Seleccion Española) e o Subcampión foi Javier Pertierra (La panera de Asturias, representante da Selección Asturiana)