spot_img
InicioGaliciaO Campionato de Europa de Maratón de Pontevedra 2016 pecha con 3...

O Campionato de Europa de Maratón de Pontevedra 2016 pecha con 3 medallas para Galicia

MEDALLISTAS GALLEGOS (Copiar)

Tono Campos xunto con Jose Sánchez lograron a vitoria en C2 senior, a parella formada por Óscar Graña e Ramón Ferro levaron a prata por detrás dos do Grove e Iván Alonso e Diego Piña venceron no K2 senior con moita autoridade.

Galicia pecha o Campionato de Europa de Maratón de Pontevedra 2016 con tres medallas, dúas de Ouro e unha de Prata. O que supón un magnífico peche de competición para a delegación galega que se desprazou ata as instalacións do circuíto preparado para a ocasión e que tanto traballo levoulles preparalo ás persoas que fixeron posible este evento.

Desde os responsables de mantemento oficina, voluntarios, técnicos, árbitros e directivos da Federación Galega e ao Concello de Pontevedra que fixeron realidade un soño que comezaba hai dous anos, a todos eles hai que felicitalos polo gran traballo realizado durante estes días de duro traballo.

Polo que respecta á competición, Tono Campos e Jose Sánchez conquistaron a medalla Ouro na proba de C2 senior por diante da parella do Kayak Tudense Óscar Graña e Ramón Ferro que terminou segunda. Ambas as embarcacións lideraron durante os 26000 metros de percorrido facendo un moi bo traballo de equipo para distanciar á embarcación húngara que na saída sufriu un contratempo que os afastou dos españois.

A carreira decidiuse no último porteo onde Tono e José realizaron un gran ataque na carreira a pé que non foron capaces de seguir Ferro e Graña. Segundo palabras dun emocionado Óscar Graña “cheguei moi xusto á parte final da carreira e escapáronllenos correndo no útlimo porteo, quedo con que levo 18 medallas internacionais”.

A outra alegría do día dábana Iván Alonso e Diego Piña no K2. Os de Tui demostraron o seu gran poderío e conquistaron unha vitoria con moita solvencia. Alonso resarcíase así do mal sabor de boca que lle deixou o cuarto posto de onte. Iván e Diego foron na cabeza en todo momento acompañados pola outra parella española de Miguel Lloréns e Luís Pérez que ao cabo serían medalla de prata.

Nas tres primeiras voltas estiveron acompañados pola K2 francesa pero grazas a un bo traballo en equipo lograron distancialos, a partir deste momento os dous barcos españois souberon manter a distancia cos seus perseguidores. No último porteo os tudenses aumentaron o ritmo cando se subiron á piragua e afastaron á dupla asturiana conseguindo unha vantaxe insalvable ata a súa entrada en meta.

Doutra banda Nuria Villace do Breogán do Grove xunto coa estremeña Estefanía Fernández terminaron en quinta posición en lle K2 senior. A sorte non estivo do seu lado e o mal funcionamento do seu achicador durante as dúas primeiras voltas fíxolles coller moita auga. No primeiro porteo tiveron que baleirar, circunstancia que lles levou a perder uns segundos preciosos coas tres K2 coas que chegaron ao pantalán, non sendo capaces de recuperalos en toda a regata. A outra parella española de Carolina Massagues e Lucía Porteiro terminou en sétima posición.

- Publicidade -spot_img