spot_img
InicioBaixo MiñoO antigo cárcere de Tui acolle a Exposición de 'Traxes Tradicionais Antigos...

O antigo cárcere de Tui acolle a Exposición de ‘Traxes Tradicionais Antigos de Galicia e Portugal

tui-acolle-a-exposicion-de-traxes-tradicionais-antigos-de-galicia-e-portugal

Está organizada pola Asociación San Telmo que aposta amais pola recuperación dos “Boleardos”, unha sobremesa típica de Tui

O antigo cárcere, na rúa Sanz, de Tui, acollerá esta fin de semana a Exposición de Traxes Tradicionais Antigos de Galicia e Portugal.  A mostra está organizada pola Asociación Cultural San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.  Exporanse traxes tradicionais de toda Galicia e Portugal, estes últimos cedidos pola Cámara Municipal de Valença.

A inauguración terá lugar este sábado ás 12h a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Ás 20h intervirá José Manuel Villa Troncoso “Mané”  e haberá unha degustación de “Boleardos”, unha sobremesa típica de Tui que foi recuperada pola presidenta da Asociación Cultural San Telmo, Conchi Sales, e que para esta ocasión será elaborada pola Tahona Micaela. A degustación acompañarase de viño de Porto.  Contarase amais coa actuación do grupo Luar do Minho de Valença e das pandereteiras Chourivía de Vigo.

A Asociación San Telmo de Tui aposta pola recuperación dos “Boleardos”, unha sobremesa da que teñen constancia documental dos anos cincuenta tanto ao través de escritores e historiadores coma de artigos da prensa local.

O horario de visita será o sábado de 12 a 14 e de 16.30h a 20h e o domingo de 10 a 14h e de 16.30h a 20h.

 

- Publicidade -spot_img