spot_img
InicioVal MiñorBaionaO alumnado de 6º de Primaria do CEIP Belesar de Baiona, participa...

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Belesar de Baiona, participa coma único representante da Comunidade Galega, nun concurso nacional sobre o Patrimonio de cada Comunidade

alumnado-6º-Primaria-CEIP-Belesar-Baiona-participa-coma-único-representante-da-Comunidade-Galega-nun-concurso-nacional-sobre-Patrimonio-cada-ComunidadeNa convocatoria tiñan que escoller un dos bens declarados Patrimonio Mundial da súa comunidade ou algún aloxamento e Albergues da REAJ e facer un vídeo sobre ela.

En Galicia puideron escoller entre a cidade vella de Santiago, a Torre de Hércules, a muralla de Lugo ou o Camiño de Santiago. Escolleron o Camiño de Santiago, xa que a ruta portuguesa da costa  pasa polo seu concello de Baiona. Fixeron tramos da ruta que discorre polos montes de Baredo, rúas do casco histórico de Baiona, Santa Cristina, a calzada real, as pontes de Sabarís e a ponte románica de A Ramallosa.

“No vídeo quixemos reflectir que o camiño para nos é como a vida, chea de momentos que podes compartir con xente, con momentos difíciles nas que agradecerás unha man que te axude, palabras ou frechas que te orientarán cando non saibas o rumbo, pasos que pouco a pouco te van levando cara onde ti queiras”. Paz Rodríguez, directora do CEIP Belesar, Baiona.

Cada etapa unha oportunidade de crecer.

O alumnado de Belesar gozou co camiño, e gravando o vídeo, no que levaron tamén traxes tradicionais galegos, “Gravamos nos exteriores do Albergue Xuvenil Altamar de Vigo, xa que é o mais próximo a nosa localidade”

Agora estase levando a cabo unha votación ata o luns 4 de maio  e o colexio que máis votos consiga, logrará a máxima puntuación neste apartado. “Estamos en segundo lugar e temos unha semana para alcanzar en puntos ao colexio de Asturias!”

O premio é 5000 euros para organizar unha viaxe de fin de curso co alumnado a un dos lugares do Patrimonio Mundial da Unesco.

“Precisamos da vosa colaboración para que o colexio de Belesar, representante da Comunidade Galega e do Camiño de Santiago, supere en votos aos outros tres colexios ( Madrid, Oviedo e León)”

Temos que  votar todos os días polo móbil, tablet, ordenador,…,

O enderezo é:

http://reaj.com/patrimoniocolegios.html

Tamén pode ser a través da páxina da Reaj, no apartado de colexios.

 

- Publicidade -spot_img