spot_img
InicioVal MiñorNigránO aclamado guitarrista holandés Jesse Van Tuller e o Quinteto Internacional de...

O aclamado guitarrista holandés Jesse Van Tuller e o Quinteto Internacional de Voro García, grandes protagonistas do Nigrajazz

o-aclamado-guitarrista-holandes-jesse-van-tuller-e-o-quinteto-internacional-de-voro-garcia-grandes-protagonistas-do-nigrajazzO festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán, contará na súa duodécima edición o 27 e 28 de xullo no esteiro da Foz (A Ramallosa), coa actuación estelar do guitarrista holandés Jesse Van Ruller en trío e do valenciano Voro García en quinteto, considerado como un dos mellores trompetistas a nivel internacional.

A programación, presentada hoxe oficialmente, une novamente a figuras de recoñecido prestixio mundial cos músicos galegos máis relevantes do momento, como Xacobe Martínez Antelo e Dani Font, que cos seus respectivos tríos serán os encargados de abrir o festival o 27 e 28 respectivamente. Ademais, é como é xa a súa seña de identidade, celebrarase a tradicional master- class (nesta ocasión a cargo de Peter Bernstein o 27 e Jesse Van Ruller o 28) e haberá jams sessions posteriores aos concertos que abrirán Emilio Atantes e Diego Alonso con casanseu cuarteto. Como hai xa dous anos, o evento gastronómico “Rilla na rúa” acompañará ao festival coas súas camionetas con comida gourmet aparcadas no paseo da Foz e patrocinando a actuación de rúa do grupo das Rías Baixas ‘Low Bay Hot Band’ na sesión swing da tarde do sábado. O Nigranjazz conta co apoio da Deputación de Pontevedra, a Sociedade de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España ( AIE), a Fundación Mayeusis, Elemental Chefs e Rodosa.

“Desde a súa orixe mantemos o compromiso de traer aos mellores músicos internacionais de jazz dando espazo aos galegos. Sen dúbida, Nigrán xa é unha referencia no circuíto nacional de jazz e, pouco a pouco, o noso nome soa máis a escala global. Aquí conseguimos que o jazz non sexa unha música en absoluto minoritaria e que se empape dela un público do máis diverso e interxeneracional”, resumiu o alcalde, Juan González. “Polo Nigranjazz desfilaron algúns dos músicos máis relevantes a nivel internacional dos últimos 20 anos, como Kurt Rosenwinkel, Gilad Hekselman, Michael Canan, Peter Bernstein, Chris Cheek… Era algo co que nin sequera soñabamos hai 10 anos. E, sobre todo, sempre damos cabida aos galegos, que actualmente teñen un nivel altísimo”, engadiu Felipe Villar, director do festival e guitarrista, quen destacou a petición de Jesse Van Ruller de contar á batería co moañés Iago Fernández (xunto ao holandés Clemens Van Der Feen ao contrabaixo).

O valenciano Voro García será o gran protagonista do venres. Este comezou a tocar a trompeta aos 8 anos, sendo becado para estudar Jazz no Berklee College of Music (Boston), onde se graduaría magna cum laude no 2007. Ten actuado en importantes festivais con diferentes proxectos como Montreaux Jazz Festival (Suiza), Copenhagen Jazz Festival, Festival de Jazz de Campeche (Mexico), Manila Jazz Festival (Filipinas)… Nesta ocasión unese a Chris Cheek (saxo tenor) e Peter Bernstein (guitarra), protagonistas en pasadas edicións do Nigranjazz, e Dee Jay Foster (contrabajo) y Roberto Gatto (batería). Ao día seguinte (28) a actuación principal será a cargo do guitarrista holandés Jesse van Ruller, gañador en 1995 do premio Thelonious Monk International Jazz Guitar Competition, sendo o primeiro europeo en alcanzar este prestixioso premio cun xurado composto por xenios como John Scofield, Pat Metheny, Jim Hall e Pat Martino. Jesse compartiu estudio e escenarios con músicos coma Tom Harrell, George Duke, Christian McBride, Clarence Penn…

O cartel do XXII Nigranjazz, deseñado polo nigranés Andrés H. Bonader, gañador do ano pasado tamén, será o empregado para difundir esta edición tras resultar gañador entre as 45 propostas presentadas ao concurso Quin Alborés. O xurado destaco que se trata da imaxe cun maior nivel artístico entre tódalas propostas presentadas e a que mellor reflicte a personalidade do evento. Destaca a harmonía e elegancia de toda a composición, a aparente sinxeleza da mesma e a sensación de limpeza visual que outorga todo o seu conxunto.

XII EDICIÓN 27 y 28 de Julio 2018

Venres 27 de Xullo
Auditorio do Concello
12:30: Masterclass con Peter Bernstein
Auditorio ao aire libre da Foz do Miñor:
21:00: Xacobe Martínez Antelo Trío
22:30: Voro García Quintet
24:00: Jam Session con Emilio Atanes Cuarteto

Sábado 28 de Xullo
Auditorio do Concello
12:30: Masterclass con Jesse Van Ruller
Paseo da Foz do Miñor:
19:30: Swing Session con The Low Bay Hot Band.
Auditorio ao aire libre da Foz do Miñor:
21:00: Dani Font Trío.
22:30: Jesse Van Ruller Trío
24:00: Jam Session con Diego Alonso Cuarteto

BREVE HISTORIA DO FESTIVAL

O Nigranjazz, festival máis señeiro do Concello de Nigrán cumpre 12 anos sendo o máis lonxevo organizado dende o consistorio e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais, aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Dende entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek ou o ano pasado o afamado guitarrista americano Kurt Rosenwinkel. Pero non hai que esquencer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos. Compre destacar que o Nigranjazz outorga tamén especial relevancia á relación galaico-portuguesa, consagrando algunha edición unicamente a elo e invitando sempre a artistas lusos a participar.

- Publicidade -spot_img