spot_img
InicioVal MiñorBaionaA novena Subida á Groba contou coa participación de máis de 200...

A novena Subida á Groba contou coa participación de máis de 200 ciclistas

novena-subida-groba-contou-coa-participacion-mais-200-ciclistasA Subida á Groba deste ano, proba de carácter ciclo turista e marcado carácter popùlar superou nesta edición os 200 participantes,

Juan Luis López de Guereñu e María Cazorla Torrado proclamáronse este sábado campións da novena edición da Subida á Groba. A proba cicloturista organizada polo Concello de Baiona superou os 200 inscritos e a última hora tamén incorporouse á liña de saída a ciclista Cinthya Coto Elizondo, do equipo de apoio do aventureiro Antonio de la Rosa, que visitou este venres Baiona durante a súa Volta á Península Ibérica en PaddelSurf.

As condicións meteorolóxicas acompañaron este sábado para non facer aínda máis complicada a xa de por si exixente Subida á Groba. A chuvia parou a tempo para que os corredores enfilaran o ascenso dende a saída neutralizada do Pavillón Municipal, que incluía unha volta de quentamento ata a rotonda de Baredo.

Esta é unha proba de carácter ciclo turista – ciclo deportiva de marcado carácter popular, de curta distancia pero de duro percorrido (11 km, desnivel 620m e porcentaxe 5.6%), que puxo a proba a resistencia dos participantes dende os primeiros metros.

Na liña de meta, José Luis López Guereñu marcou un tempo de 32’29’’, tan só catro segundos por diante de Carlos Gómez Barciela e seis segundos por debaixo de Jorge Mera Álvarez. En categoría feminina, María Cazorla Torrado completou a subida en 48’30’’, seguida de Cinthya Coto Elizondo e Belén Gándara Pereira. Mario García Ontiyuelo foi campión da categoría Baiona Masculino e Laura González Goce, na de Baiona Feminino.

“Con respecto ao ano anterior aumentamos un 10% os participantes e esperamos que con pequenas modificacións consigamos asentar o evento no calendario deportivo do Concello de Baiona”, afirmou a concelleira de Deportes, María Jesús Martíns.

 

CATEGORIAS
A) Junior (1998-1999-2000-200-2002) (masculino e feminino)
B) Sénior (1997 ata 1977) (Masculino e feminino)
C) Veteranos anteriores a 1976 (masculino e feminino)
D) CATEGORIA DE CENSADOS (MASCULINO E FEMININO)

 

O cadro de vencedores foi;

VENCEDORES ABSOLUTOS “SUBIDA A GROBA 2017”

  • CAMPIÓN ABSOLUTO MASCULINO ;

JUAN LUIS LOPEZ GUEREÑU (DORSAL 1)  – VIGO – 32`29“

  • CAMPIÓN ABSOLUTO FEMININO ;

MARIA CAZORLA TORRADO (DORSAL 40)   – 48`30“

  • CAMPIÓN BAIONA MASCULINO;

MARIO GARCIA ONTIYUELO  (DORSAL 73)  – BAIONA – 32`41“

  • CAMPIÓN BAIONA FEMININO;

LAURA GONZALEZ GOCE (DORSAL 85) – BAIONA- 44`18“

JUNIOR MASCULINO

1º  ANXO CARRIL ROJAS (DORSAL 38) – NIGRAN – 39`35“

2º  RICARDO MARTIN BUBA (DORSAL 31) – GONDOMAR – 39`50“

3º MIGUEL RIVAS PELLICER (DORSAL 181) – VIGO – 47`59“

SENIOR FEMININIO

1ª CRISTINA MUÑOZ MENDEZ (DORSAL 57) – NIGRAN – 1H 31`48“

SENIOR MASCULINO

1º CARLOS GOMEZ BARCIELA (DORSAL 81) – VIGO – 32`33“

- Publicidade -spot_img