spot_img
InicioVal MiñorNigránNova proposta de biblioteca para Nigrán

Nova proposta de biblioteca para Nigrán

nova-proposta-de-biblioteca-para-nigran

O goberno municipal de Nigrán que conta cun anteproxecto, busca financiamento para construir unha nova  biblioteca no centro do municipio, obra que ascendería a 1.226.ooo euros

O goberno de Nigrán ten definido xa o seu proxecto para a construcción da nova biblioteca nunha parcela municipal (FR-5) de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola Vía, á altura do número 118, frente a rúa do Panasco). Tras meses de estudo e valoración de propostas, entre as que se atopaba a ampliación da existente, rehabilitación das antigas escolas de Cotros ou nova construción nesta parcela, o goberno e o persoal técnico do Concello acordaron que esta  é a mellor opción de todas ao permitir partir dun novo edifizo adaptado a tódalas necesidades e atoparse nun lugar céntrico e fácilmente accesible para a veciñanza tanto en transporte público como privado.

“A actual biblioteca do Ceán se queda pequena para atender a tódalas necesidades dos usuarios xa que carece, por exemplo, de sala de estudo ou espazos polivalentes”, destaca o alcalde, Juan González

O anteproxecto, que correu a cargo do estudo de arquitectura nigranés Aintegra, prevé un orzamento de execución de 1.226.000 euros para o que o goberno recurrirá a fondos propios e a posibles axudas da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, según explicou o alcalde.

Este novo proxecto que propón o goberno municipal (moi ambicioso ¿.?)  e que presenta Aintegra, plantexa ademáis un edificio que cumpla criterios de sostibilidade ambiental, empregando na súa construcción os materiais necesarios que reduzan o aporte enerxético e cun óptimo aproveitamento da luz natural.

Actualmente, a Biblioteca Municipal de Nigrán ten preto de 4.000 socios e recibe máis de 8.000 visitantes cada ano. Para facerse socio tan só é necesario encher unha ficha de inscrición na propia instalación ou ben vía telemática, é de balde e non é necesario estar empadroado en Nigrán para poder gozar dos seus servizos. Conta con 43.800 volumes consultables por Internet no catálogo informatizado en liña.

 

 

- Publicidade -spot_img