spot_img
InicioO SalnésNo xacemento da Lanzada, descubren un puñal que podería pertencer ó século...

No xacemento da Lanzada, descubren un puñal que podería pertencer ó século IV A.C.

punal-copiar

Trátase do primeiro puñal que aparece nas escavacións que a Deputación de Pontevedra comezou a realizar na Lanzada este ano

O persoal da Deputación de Pontevedra encargado da escavación da Lanzada achou un puñal que podería pertencer ó século IV AC ou incluso a un período anterior. En concreto, o equipo de especialistas da institución provincial formula na actualidade dúas posibilidades sobre o artefacto: ou ben que sexa un puñal de antenas de tipo Lebosandaus, moi común na Idade de Ferro en Galicia e na Meseta, ou ben que sexa un puñal da Idade do Bronce final de tipo chipriota.

Os especialistas aseguran que a situación do puñal é unha novidade porque que se ben nos anos 70 do século pasado apareceron xa dous puñais asociados a cabanas, neste caso o achado tivo lugar nun espazo alleo ás residencias. De feito, o persoal da Deputación de Pontevedra que traballa no xacemento da Lanzada cree que é o puñal, que aparece con artefactos do século  II A.C. pese a que é moi anterior a ese século, tratábase dunha especie de reliquia que quizais se situou nese espazo concreto por unha cuestión votiva. A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción por este último achado que confirma as expectativas formuladas no inicio respecto a este xacemento e felicitou ó persoal de arqueoloxía que están a traballar no campo da Lanzada. Ó mesmo tempo Silva manifestou que os traballos no campo da Lanzada continuarán ata o mes de xaneiro debido ós materiais que están a aparecer a diario no xacemento.

Desde o comezo da intervención na Lanzada atopáronse unha grande cantidade de vestixios do noso pasado. En concreto, acháronse un total de 15 esqueletos, varias fíbulas e restos de media ducia de “sigilitas” gravadas que segundo o equipo de especialistas da Deputación, pese a ser habitual a súa aparición non o é a grande cantidade de pezas achadas, o que pon de manifesto, unha vez máis, a orientación comercial do asentamento da Lanzada.

A Lanzada trátase dun xacemento moi interesante para coñecer o mundo da Idade de Ferro no noroeste peninsular e a importancia das relaciones comerciais que desde A Lanzada se establecían, que situaban ó asentamento nos circuítos comerciais daquel momento.  Neste eido, nas intervencións realizadas ata o de agora, atopáronse restos situados entre a Idade de Bronce e do Ferro, tamén achados de cabanas de madeira con recuberto de pallabarro (século VI a.C.), construcións de mampostería de plantas circulares e anguladas, así como restos de edificacións cuadrangulares e de plantas complexas (século II-III d.C.), dunha necrópole dos séculos III-IV d.C. ou dunha fortificación para a defensa da costa contra as invasións normandas do século X d.C.

A intervención na Lanzada forma parte do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos na provincia de Pontevedra.

- Publicidade -spot_img