spot_img
InicioPontevedra e ÁreaNo aire, os investimentos previstos en Vigo por Zona Franca para 2017

No aire, os investimentos previstos en Vigo por Zona Franca para 2017

pedrosa-copiar

O comité executivo do Consorcio de Zona Franca aprobou onte as súas contas para 2017, quedando pendentes dun Pleno que as ratifique. A proposta aprobouse con seis votos a favor e dous en contra, os dos representantes do Concello de Vigo.

Na posterior rolda de prensa, a delegada do Consorcio de Zona Franca, Teresa Pedrosa, expresou a súa sorpresa de maneira reiterada, ante a posición dos dous edís que votaron en contra, tendo en conta que a diferenza do mes de xullo (en que os votos en contra, foron abstencións) a “única incorporación de hoxe é a Panificadora”, para a que o Consorcio previu unha partida de 4 millóns de euros.

Pedrosa explicou, que estes dous edís rexeitaron as contas e pediron que se retirase “todo o da ETEA e o Plan do Transporte”, o que sorprendeu á Delegada do Consorcio, pois nesta ocasión e a petición do alcalde de Vigo recóllense dous das súas principais demandas, como é a participación da Zona Franca na rehabilitación do edificio da Panificadora e o cambio na data do investimento na ampliación do Polígono de Balaidos, que pasaría a estar incluído tamén no 2017, un ano antes do previsto.

A Delegada expresou que sempre a tido vontade de chegar a acordos e negociar estes orzamentos,”levo 133 días esperando”. Despois do Pleno de agosto ” remitín escritos reiterados, expresando a miña disposición para resolver os diferentes temas”. “Sorpréndeme e creo que hai unha vontade manifesta por parte do Concello de Vigo de que o Estado a través Consorcio, non invista na cidade”.

As partidas para a Panificadora e a variación respecto da de Balaídos, fai que o investimento do Consorcio de Zona Franca en 2017 chegue case aos 50 millóns millóns. Pero con este novo orzamento Pedrosa destacou que estos 49.980.000 euros de investimento, “o 100 % achégao o Estado”, e que salvo a partida reservada para a Cidade do Transporte e as dúas pequenas partidas en Porto do Molle e para o Porto Seco , “o resto será destinará ao municipio de Vigo”.

Agora todo queda pendente de que se convoque o pleno para ratificar os orzamentos, pois si non hai pleno, Zona Franca non terá orzamentos para o próximo ano.

Finalmente e a preguntas sobre o Parque Empresarial e Viveiro de Empresas de Porto do Molle e Baiona. A Delegada destacou que no caso do polígono, recentemente “aprobamos 9 parcelas de ampliación para unha empresa” e en canto á ocupación do viveiro, é case absoluta, quedando apenas, dous ocos, e no que se refire á “Casa do Reloxo” de Baiona, todavia hai prazas dispoñibles na parte Coworking (40 euros) e oficinas de 20 mts.(70 euros)

 

- Publicidade -spot_img