spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán restaura a histórica fonte de Praia América

Nigrán restaura a histórica fonte de Praia América

A obra, financiada pola Deputación de Pontevedra cun orzamento de 13.333,33 euros no marco dun proxecto maior de mellora da Senda Azul de Praia América, inclúe o arranxo da praza, novos bancos, axardinamento…

O obxectivo final é adecentar o entorno da fonte e que luza o máis fiel posible ao proxecto orixinal de 1950. Paralelamente, restaurouse e reorientouse un reloxio solar labrado en pedra que ficaba prácticamente abandonado nesta misma área e que agora preside un espazo recén axardinado fronte a fonte. Ademáis, instalaranse catro novos bancos para facer do espazo un verdadeiro punto de descanso e de encontro entre os veciños.

A Deputación de Pontevedra ten en marcha un plan de acondicionamiento dos sendeiros azuis da provincia cun orzamento de 183.333,26 euros. O de Nigrán acadou este título en 2013 e se localiza nunha ensenada orientada cara o oeste entre Monteferro e Monte Lourido. Na súa zona central desemboca o río Muiños dividindo o sistema dunar en dúas partes: Areal de Panxón e Areal de Praia América.

- Publicidade -spot_img