spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán inaugura o seu punto limpo

Nigrán inaugura o seu punto limpo

10458960_699504726784669_1697425462921625224_oOs veciños contan dende hoxe con esta nova infraestrutura, que estará aberta ao público seis días á semana, en horario de mañá e de tarde.

Situada tras a Estación Depuradora de Augas Residuais no ámbito da Camasella, esta instalación dota a Nigrán de 28 novos colectores e un almacén para residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, que contribuirá ao coidado e protección ambiental do ámbito, ao facilitar o correcto depósito dos residuos xerados no fogar ao tempo que axuda a eliminar posibles puntos de verteduras incontroladas

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, acompañado pola máxima responsable da CMATI, Ethel Vázquez, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, e outros membros do goberno municipal, presidiu a inauguración do punto limpo, unha infraestrutura que ten como obxectivo fundamental poñer a disposición dos veciños de Nigrán un espazo para o depósito voluntario de residuos que non poden ser eliminados por medio dos servizos convencionais de recollida de lixo, “ben polo seu tamaño ou pola súa composición”, apuntou o rexedor.

Na súa intervención, Ethel Vázquez subliñou “a importancia da posta en marcha desta infraestrutura, moderna e axeitada para este tipo de residuos e na que a Xunta investiu preto de 300.000 euros”. A Conselleira tamén quixo agradecer o esforzo que fan os cidadáns facendo unha separación axeitada dos residuos.1531983_699504643451344_7511055835016970451_o

28 colectores e un almacén.
O novo punto limpo de Nigrán conta cun almacén para residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAAES) e 28 colectores para residuos comúns e especiais, susceptibles de ser reciclados ou reutilizado, ou ben que polas súas características deben ser tratados e xestionados en cumprimento coa lexislación vixente.
Entre eles encontrámonos con sete colectores abertos de 20 metros cúbicos para madeira, metais, restos de obra e do fogar, cascotes, voluminosos e plástico; un colector metálico de roupa, de 3 metros cúbicos; un colector metálico para cartón, de 3 metros cúbicos; un colector tipo iglú para papel, de 2.500 litros; un colector tipo iglú para vidro, de 2.500 litros; e un colector tipo iglú para envases, de 2.500 litros.

Tamén se poderán depositar residuos especiais e perigosos, nos colectores destinados a tal fin, entre os que figuran un colector de dobre casco de cor negra para disolventes, de 600 litros; un colector de dobre casco de cor verde para aceites minerais, de 600 litros; un colector de dobre casco de cor laranxa para aceites vexetais, de 600 litros; dous bidóns para pilas, de 20 litros; dous colectores para fluorescentes, de 1.400 litros; dous colectores para baterías, de 610 litros; dous colectores para residuos perigosos, de 300 litros; un colector para vidro plano, de 1.100 litros; un colector para aerosois, de 240 litros; e un colector para radiografías, de 240 litros.

Horario de apertura
A infraestrutura será xestionada con persoal municipal, e arranca a súa actividade cun horario de apertura ao público de luns a venres de 16.00 a 19.00 horas e venres e sábado en horario de 10.00 a 14.00 horas. Valverde xustificou a amplitude do horario de apertura atendendo á época estival, na que Nigrán triplica a súa poboación, e ao comezo da súa actividade, polo que, “de momento, o punto limpo abrirá seis días á semana, en horario de mañá e de tarde, co fin de facilitar o máximo posible o seu uso a todos os veciños do municipio”10496944_699503526784789_2857029805297739320_o

O alcalde agradeceu o esforzo realizado pola Xunta de Galicia, administración que asumiu o financiamento desta actuación por valor de máis de 300.000 euros, “á conselleira actual, Ethel Vázquez, e de forma especial ao seu predecesor, Agustín Hernández, con quen iniciamos as xestións necesarias para estar hoxe aquí inaugurando esta magnífica e necesaria infraestrutura”, engadiu.

En relación ao camiño de acceso ao punto limpo, o alcalde avanzou que “dende o concello se están a realizar os trámites oportunos para resolver de forma definitiva a situación de alegalidad do acceso a dúas infraestruturas importantes para Nigrán”, concluíu.

- Publicidade -spot_img