spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán destinará maís de 94.000 € á recuperación do entorno da praza...

Nigrán destinará maís de 94.000 € á recuperación do entorno da praza pública de Parada

nigran-destinara-mais-de-94-000-e-a-recuperacion-do-entorno-da-praza-publica-de-parada

O Goberno de Nigrán investirá na humanización do torreiro de Parada máis de 94.000 euros (94.365) dos fondos do Plan de Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.

Esta actuación é unha das que ten previsto realizar o Concello en todas as parroquias cos máis de 669.000 euros en axudas á financiación concedidas pola institución provincial ao municipio. A recuperación do entorno da praza pública de Parada inclúese ademais nos orzamentos para o presente ano, que se levarán ao pleno do vindeiro 3 de marzo.

O alcalde de Nigrán, Juan González, quere ratificar así o compromiso do Concello con esta parroquia, na que tamén se ampliará o cemiterio coa construción de 36 novos nichos. Este proxecto terá un prazo de execución de dous meses e contempla a recuperación da contorna do torreiro de Parada, entre as rúas Camiño da Igrexa e Santiago de Parada.

Actualmente, este espazo está visiblemente deteriorado e envellecido, presenta distintos tipos de pavimentos e carece de iluminación, evacuación de augas pluviais e mobiliario urbano. Co fin de reverter esta situación, o Concello de Nigrán pretende cambiar a rasante de ‘trasdós’ do muro de pedra para crear unha única pendente, substituir parte da calzada de aglomerado por pavimento de granito e dotar de iluminación e mobiliario urbano á parcela, ademais de mellorar a seguridade vial.

“Esta intevención permitirá crear un espazo máis limpo e integrado coa contorna, recuperar a zona do cruceiro e potenciar o mirador para crear unha área pública na que os veciños poidan desfrutar con todas as prestacións necesarias. A humanización do Torreiro de Parada é unha reivindicación histórica da parroquia e un obxectivo de este goberno e polo tanto é unha gran satisfacción poder cumplila nos primeiros anos do noso mandato”, sinala González.

O rexedor asegura, ademais, que tanto esta actuación, como as que se porán en marcha nos próximos meses no municipio, contribuirán a poñer en valor o patrimonio municipal.

- Publicidade -spot_img