spot_img
InicioPontevedra e ÁreaNigrán contará de cara ao verán coa súa primeira vivenda de emerxencia...

Nigrán contará de cara ao verán coa súa primeira vivenda de emerxencia social

nigran-contara-de-cara-ao-veran-coa-sua-primeira-vivenda-de-emerxencia-social

A Consellería de Educación comunicou esta semana a súa desafección, o que permitirá  darlle uso para casos de emerxencia social e tamén para respiro familiar e de autonomía do Centro Juan María

O Concello de Nigrán contará de cara ao verán coa súa primeira vivenda de emerxencia social, que servirá tamén para o programa de respiro familiar e de autonomía do Centro de Educación Especial Juan María. O goberno de Nigrán obtivo esta semana a autorización da desafección do uso docente desta antiga vivenda  do mestre en Balinfra (Camos), o que lle permite destinala a estos novos usos sociais (o goberno local presentara esta proposta de desafección na sesión plenaria do pasado mes de xuño, procedendo tralo acordo da corporación a facer a solicitude formal ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, quen comunicou agora a súa resposta favorable). O obxectivo é poder empregar esta casa desocupada para situacións de urxentísima necesidade e tamén para que os usuarios do Centro Juan María poidan gozar de programas de respiro familiar ou de preparación para unha vida independente. “Unha vivenda é un recurso importantísimo para o Concello, por iso queremos que deixe de estar valeira para que sí cumpla un obxectivo social”, resume o alcalde, Juan González.

A edificación, de 339 metros cadrados, consta de dúas vivendas, estando a do lado oeste (número 43)  desocupada e deteriorada e, polo tanto, sen cumplir ningunha finalidade. A casa en cuestión (que será reacondicionada) conta con 80 metros cadrados de planta, dous pisos e xardín nunha parcela de 2.789 metros cadrados. A escola infantil á que estaba vinculada xa non cumple tal función, por esta razón o anterior goberno socialista solicitara en 2010 á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a desafección do seu uso docente, sendo concedido o 15 de marzo de 2015 e permitindo así que as escolas sirvan para albergar a Escola Municipal de Música ou o grupo de pandereteiras da Asociación Cultural A Camoesa.

“A vivenda é un dereito básico das persoas que contribúe á súa integración social e calidade de vida, é moi importante que Nigrán conte con esta casa para poder destinala a casos de emerxencia e para que as persoas con diversidade funcional poidan prepararse para a vida independente”, explica o rexedor.

O Centro de Educación Especial Juan María (Parada) contou durante un ano e grazas a unha subvención cunha casa alugada para levar a cabo programas de respiro familiar cos seus usuarios, sen embargo, o elevado custe impediu que continuasen adiante. Agora dende o Concello de Nigrán se lles abre as portas a que poidan retomar esta iniciativa básica para acadar a autonomía total dos seus usuarios ou permitir que as familias descansen.

A empregaremos para tratar de que os usuarios máis autónomos acaden a máxima independencia e tamén para respiros familiares, isto significa que  as fins de semana algúns deles disfrutarían en Balinfra do seu propio ocio acompañados de monitores e ao mesmo tempo a familia podería descansar da súa labor coidadora. Todo cun cronograma polo  miúdo“, explican dende o centro. Así, ademáis das estancias curtas de fin de semana aberta aos 102 usuarios habería de máis longa duración para que, en pequenos grupos, os que gozan de maior autonomía aprendan a valerse por si mesmos nunha vivenda (sempre con apoio de persoal do centro). “Trátase de preparalos para a independencia total, para que poidan vivir pola súa conta”, indica María Santos, directora do Centro Ocupacional.

 

- Publicidade -spot_img