spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán adquire dúas novas táboas de rescate acuático para Praia América e...

Nigrán adquire dúas novas táboas de rescate acuático para Praia América e Panxón

nigran-adquire-duas-novas-taboas-rescate-acuatico-praia-america-e-panxon
Na fotografía, representantes da Deputación de Pontevedra e do Concello – a presidenta Carmela Silva e o alcalde Juan González no medio – e socorristas das praias 

Os tres areais con bandeira azul de Nigrán dispoñen xa de cadansúa táboa de salvamento no correspondente posto de socorrismo

O Concello de Nigrán adquiriu este mes de xullo dúas novas táboas de rescate inchables, que se suman a outra mercada o ano pasado, co  obxectivo de dispor delas nos postos de socorrismo dos tres areais con bandeira azul no municipio: Patos, Panxón e Praia América.

“Dotando aos socorristas das técnicas axeitadas e cun adestramento continuo, a táboa pode ser o medio máis efectivo para rescates de longa distancia ou máis complexos, como persoas afogadas e xa inconscientes”, indica Rubén Rial, edil de Seguridade. Por exemplo, no rescate dunha vítima inconsciente a 150 metros, a táboa reduce en aproximadamente un minuto o tempo total da intervención, vital neses casos. Mesmo nunha praia como Patos, con maior ondada, o tempo aínda se podería reducir máis grazas ao aproveitamento das ondas ao regreso co ferido. “É un material específico que require formación e adestramento, pero unha vez acadado, aporta unha vantaxe vital con respecto a utilizar aletas e tubo de rescate”. Cada unha destas táboas dispón dun remo, o que permite aos socorristas levar a cabo unha vixilancia activa dende o auga, “xa que lles permite desprazarse de pé sobre a mesma».

Cunha lonxitude de 3,25 metros, un ancho de 76 centímetros e un espesor de 10,7, a vantaxa de que sean inchables é que resultan máis lixeiras e, por tanto, máis rápidas  (apenas alcanzan os 10 kilogramos de peso, sumando o remo).  Fabricadas en PVC de alta resistencia, a capacidade das cámaras inchables é de 195 litros.

As táboas de rescate deben a súa orixe ás táboas de surf, estas últimas introduxéronse en 1913 na praia de “Long Beach”, California, para realizar rescates, sen embargo, como no se podían efectuar de forma favorable, inventouse outra de dimensións maiores que sí favorece a realización dun bo rescate, a denominada xa como “Táboa de Salvamento” e que acaba de adquirir o Concello de Nigrán.

- Publicidade -spot_img