spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán adhírese ao proxecto europeo 'Saber Universal' para promover o turismo de...

Nigrán adhírese ao proxecto europeo ‘Saber Universal’ para promover o turismo de persoas con diversidade funcional

nigran-pon-en-marcha-un-programa-pioneiro-en-estimulacion-cognitiva-para-a-3a-idadeO alcalde de Nigrán, Juan González, ven de asinar a  adhesión do Concello ao proxecto europeo ‘Saber Universal’, destinado a promover o turismo de persoas con diversidade funcional, especialmente orientado ás rutas de peregrinación (neste caso ao ‘Camiño Portugués pola Costa’).

Os documentos ‘Carta de Accesibilidade’ e ‘Plan de Acción’ recollen os seus principios fundamentais, que no principal coinciden cos de ‘Un Nigrán para todos’, o proxecto do goberno municipal para eliminar as barreiras físicas e sensoriais no municipio.

Así, entre os obxectivos están a mellora das habilidades, sensibilización e preparación dos operadores turísticos implicados, aumentar a súa competitividade e estimular a a creación de novos servizos, ou promover o produto turístico como unha experiencia destinada a tódolos públicos. Da aplicación destas medidas agárdanse resultados como: un itinerario persoal accesible e continuo en todo o Camiño; sinalización uniforme tamén nas instalacións e servizos adheridos; accesibilidade universal (física e sensorial) nos vehículos de transporte público e nas instalacións.

“Trátase dun proxecto exactamente na mesma liña que ‘Un Nigrán para todos’, polo que o asinamos con total convicción”, sinala o alcalde, Juan González.

- Publicidade -spot_img