spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán abre o prazo de inscrición para a VI edición da Travesía...

Nigrán abre o prazo de inscrición para a VI edición da Travesía a nado Costa Serena

Foto 2015

A competición, que se celebrará o 10 de xullo en Praia América, constará de dous percorridos de 4.000 e 800 metros, e dúas probas de curta distancia para nenos de 50 e 150 metros

Nigrán abre o prazo de inscrición para a VI edición da Travesía a nado Costa Serena, que se celebrará o 10 de xullo en Praia América. Esta proba pretende consolidarse como unha das travesías por excelencia de Galicia, cunha participación prevista de máis de 500 nadadores procedentes de toda Galicia, Asturias, Castela-León, Madrid e Portugal.

A travesía, organizada polo club Tumetapersonal e Atlantic Extrem Sports, conta coa colaboración do Concello de Nigrán, Powerade, Renault Rodosa Nigrán, Decathlon Vigo, Froitas Sol, Froiz, Mariña Panxón, Pereira, Frigo, Clubnatacion.com, Ciclos Boyer Vigo, o Club de Piragüismo do Val Miñor, Rosquillas Cristaleiro, o Banco de Alimentos de Vigo, entre outros.

A proba constará de dous percorridos, que serán cronometrados por chip. O percorrido longo, no que se prevé unha gran participación, consistirá nun triángulo de 4 quilómetros con saída e chegada nas inmediacións do posto de Protección Civil de Panxón. Os nadadores deberán bordear a baliza de Cabezo de San Juan, situada a 1,5 quilómetros de distancia, regresar cara á costa polo lado sur da praia e percorrer o último quilómetro en paralelo ao areal.

O percorrido curto, cunha distancia de 800 metros, disputarase en paralelo á costa, o que abrirá a participación a numerosos bañistas, curiosos e afeccionados á práctica deste deporte. A saída estará situada na canle principal de entrada e saída das embarcacións e a chegada será no mesmo punto que a proba longa.

Nigrán abre o prazo de inscrición para a VI edición da Travesía a nado Costa Serena

A competición de 4.000 metros comezará ás 11:30 horas, mentres que a de 800 metros arrincará ás 11:45 horas. No mar, colocaranse aboias de sinalización do percorrido para facilitar a orientación dos nadadores, así como embarcacións de Protección Civil e kaiaks seguindo a proba.

Ademais, celebraranse dúas probas de curta distancia para nenos entre 5 e 13 anos. Haberá un percorrido de 50 metros (5 e 8 anos) e de 150 (9 a 13 anos). Estas probas comezarán ás 13:00 horas (50 metros) e 13:30 horas (150 metros).

Premios

Na proba de 800 metros, entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina. Na de 4.000 metros, daranse premios aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina. Ademais, este ano, como novidade, repartiranse medallas aos tres primeiros clasificados das 12 categorías na proba de 4.000 metros. Os nenos que participarán nas probas de 50 e 150 metros recibirán unha medalla. Tamén se entregarán trofeos especiais ao nadador máis novo e de máis idade.

Incricións

A zona de concentración dos nadadores será nos Mariña Ronseis, á beira das instalacións deportivas Dunas Gaifar, a partir das 09:00 horas.

Cartel Costa Serena 2016 (Copiar)Aqueles interesados en participar na travesía poderán realizar as inscricións na páxina web de Champion Chip Norte (https: www.championchipnorte.com) do 16 de maio ao 4 de xullo.

O prezo da inscrición da proba de 4.000 metros é de 19 euros e de 17 euros para a de 800 metros e inclúe: participación na travesía, camiseta conmemorativa, gorro, cronometraxe electrónica, avituallamiento, seguro de responsabilidade civil, asistencia médica, trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría das dúas probas e medallas aos tres primeiros clasificados na proba de 4.000 metros, un aperitivo nos Mariña Ronseis, un xeado e participación no sorteo de material deportivo.

As probas dos nenos teñen un custo de 10 euros e inclúe: camiseta, gorro, avituallamiento, asistencia médica, seguro de responsabilidade civil, medallas para todos os participantes e un xeado.
Máis información:

Web: www.travesiaanadocostaserena.es
Facebook: www.facebook.com/travesiaanadocostaserena.es
Inscricións: www.championchipnorte.com

- Publicidade -spot_img