spot_img
InicioGaliciaNava Castro participa na presentación do proxecto “El Camino acaba en Obradoiro”

Nava Castro participa na presentación do proxecto “El Camino acaba en Obradoiro”

Nava-Castro-participa-na-presentación-do-proxecto-El-Camino-acaba-en-ObradoiroA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a conselleira e director xeral do Río Natura Monbus Obradoiro, Lupe Murillo e José Luis Mateo, presentaron no día de hoxe o proxecto “El Camino acaba en Obradoiro”, no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.

Esta iniciativa, promovida co obxectivo de promover o Camiño de Santiago a nivel internacional, converterá ao recoñecido ex-xogador da NBA Terry Porter nun peregrino que percorrerá as seis etapas do traxecto que une Sarria con Santiago de Compostela, completando o último tramo do Camiño Francés.

Ademais, o ex-xogador de baloncesto non estará solo nesta incrible experiencia, que seguro marcará a súa vida, senón que o fará acompañado de diferentes personalidades do ámbito do deporte e da política cos que compartirá a súa andadura.

O primeiro equipo do Obradoiro, a súa afección, persoas de gran repercusión mediática e diferentes representantes de colectivos que simbolizan os valores compartidos polo deporte e o Camiño de Santiago se unirán á estrela americana para apoiar e camiñar xunto a el ata a Praza do Obradoiro.

O proxecto conta con diversas accións de promoción entre as que compre destacar un acto simbólico da saída do protagonista cara á súa aventura a pe onde se lle fará entrega dos elementos que portará durante a viaxe, un partido dedicado ao Camiño de Santiago, unha promoción especial para todos aqueles peregrinos que finalicen a Ruta Xacobea a través da cal poderán adquirir entradas para os partidos do Río Natura Monbus a prezo reducido, entre outras moitas actividades.

Durante a semana que Terry Porter realizará o Camiño, do 4 ao 10 de maio, se publicará diariamente na website oficial do proxecto –www.elcaminoacabaenobradoiro.com- un capítulo duns dous minutos de duración cos momentos máis destacados de cada etapa.

Así mesmo, no mes de xuño presentarase un documental –en español e inglés- que recollerá toda a experiencia vivida pola estrela americana en terras galegas.

Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia afirmou que o Camiño de Santiago converteuse no principal elemento captador de turismo internacional. “Grazas ao Camiño de Santiago, Galicia mostra o seu patrimonio tanto natural como cultural, os seus costumes e tradicións e por suposto, a súa tan venerada gastronomía a miles de turistas de todas partes do mundo”, explicou Nava Castro.

Neste senso, a responsable de Turismo da Xunta destacou que dos mais de 23 mil peregrinos que chegaron no que vai de ano a Compostela, máis de 11 mil foros estranxeiros, o que segundo sinalou “mostra a gran capacidade do Camiño para atraer turistas a nivel internacional”.

Así mesmo, Nava Castro resaltou que o proxecto “El Camino acaba en Obradoiro” dará a coñecer a Ruta Xacobea e os seus valores nos Estados Unidos, o terceiro país estranxeiro de onde chegan máis peregrinos. Segundo sinalou a directora de Turismo de Galicia, no que vai de ano, recolleron a Compostela xa un total de 834 peregrinos estadounidenses.

Proxecto solidario
O proxecto ten un fin solidario xa que todos os beneficios xerados irán destinados á asociación “Boys & Girls Clubs of Portland Metropolitan Area”, que axuda aos nenos da zona ofrecéndolles un lugar seguro, divertido e limpo para ir cando non están na escola; e á creación da “Beca Terry Porter” a través da fundación Heracles que apoia ás familias máis desfavorecidas a través do baloncesto.

A directora de Turismo de Galicia concluíu afirmando que “é un magnífico proxecto solidario, que comparte os valores do Camiño de Santiago e do fenómeno xacobeo e que consolidará o posicionamento da Ruta Xacobea no mercado estadounidense”.

- Publicidade -spot_img