spot_img
InicioO SalnésArousaNava Castro destaca o traballo dos concellos de Arousa ao fundir a...

Nava Castro destaca o traballo dos concellos de Arousa ao fundir a tradición xacobea co turismo náutico

20-mozos-e-mozas-procedentes-de-4-paises-e-8-comunidades-autonomas-participan-en-vilanova-de-arousa-no-campo-de-traballo-natureza-e-patrimonio-xunto-ao-mar
Vilanova de Arousa

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no remonte anual marítimo fluvial conmemorativo da Traslatio Apostólica que percorreu a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla desde o peirao de Vilagarcía de Arousa. A cita, que cumpriu a súa trixésimo terceira edición, rememorou a chegada do corpo do apóstolo Santiago desde Palestina ata Padrón, unha iniciativa pola que Nava Castro felicitou á vintena de concellos agrupados na Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla por fundir a singularidade da tradición xacobea co turismo náutico.

Nava Castro referiuse a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla como “a xénese do Camiño de Santiago”, cuxo remonte é un momento especial do calendario xacobeo nunha Galicia que sempre mirou cara ao mar. “A esta primeira peregrinación, tan excepcional polo que significou, seguírona millóns de andainas a través dos séculos ata os nosos días, nos que a ruta xacobea está a recibir máis persoas que nunca”, celebrou a directora de Turismo.

Neste sentido, recordou que no primeiro semestre do ano xa remataron a súa peregrinaxe máis de 100.000 persoas, o que supón un incremento do 12% respecto ao mesmo período do ano pasado. O seu carácter universal vólvese poñer de manifesto na variedade das nacionalidades máis presentes no Camiño de Santiago, no que están representados catro dos cinco continentes con países como Alemaña, Estados Unidos, Corea e Australia.

Unha costa recoñecida internacionalmente

Na súa intervención, Nava Castro lembrou que o turismo náutico estase a converter cada día máis nun imprescindible da oferta de Galicia como destino turístico, con portos en moitos casos distinguidos coa Q de Calidade Turística e máis dun centenar de bandeiras azuis. Á posición de liderazgo neste eido, na que cantidade e calidade compleméntanse, engádese máis de 1.600 quilómetros de costa, preto de 900 praias de prestixio mundial ou 112 portos como aquel de Iria Flavia onde no século primeiro foi amarrada a barca apostólica de pedra.

“A náutica galega mellorou nos últimos anos de xeito significativo tanto na súa capacidade de amarre como na difusión de actividades, creación de empresas e organización de eventos”, destacou Nava Castro, quen afirmou que esta realidade, recollida na Estratexia do turismo de Galicia 2020, contribúe a facer do turismo náutico un factor de desenvolvemento para a Galicia costeira, con iniciativas xeitosas como os minicruceiros na temporada estival polas rías, cuxas condicións fainas navegables durante boa parte do resto do ano.

- Publicidade -spot_img