Música no claustro presenta a súa XIII edición no Museo Nacional de Escultura

O sepulcro do bispo de Tui Diego de Avellaneda no Museo Nacional de Escultura (Valladolid)

O programa da XIII edición do festival Música no claustro da Catedral de Tui preséntase no Museo Nacional de Escultura este xoves, 14 de xuño ás 20h, coa atención posta no sepulcro de Diego de Avellaneda -Bispo de Tui baixo o reinado de Carlos V-, destacada obra da escultura funeraria española do século XVI. O sepulcro, trasladado ao Museo Nacional de Escultura en 1933, articula o programa de música, patrimonio e creación da XIII edición de Música no claustro que terá lugar na Catedral de Tui do 4 ao 10 de agosto.

O acto de presentación deste xoves en Valladolid contará coa participación de María Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura e o seu subdirector Manuel Arias, o director artístico de Música no claustro Samuel Diz e o músico Nikola Tanaskovic, quen ofrecerá o concerto “De profundis: de Cabezón a Gubaidulina” na propia sala do Museo Nacional de Escultura que conserva o sepulcro do bispo de Tui Diego de Avellaneda.

Música no claustro renova os apoios institucionais do Concello de Tui, da Sociedade Artistas Intérpretes o Ejecutantes AIE e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Igualmente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, quen asina unha colaboración para esta ocasión co Centro Regional de Artesanía de Castilla y León CEARCAL coa organización dun taller de imaxinería castelá impartido por Miguel Ángel Tapia, que terá lugar na Catedral de Tui do 4 ao 7 de agosto, con matricula previa na web https://artesaniadegalicia.xunta.gal/

Concerto de NIKOLA TANASKOVIC

De profundis: de Cabezón a Gubaidulina

Coa música de Antonio de Cabezón, organista ao servizo de Carlos V, o acordeonista Nikola Tanaskovic introdúcenos na profundidade relixiosa da compositora rusa Sofia Gubaidulina, Premio Fundación BBVA Fronteras del Conocimiento. A personalidade artística de Tanaskovic (Serbia 1990) caracterízase polo seu virtuosismo e a exploración sonora dos límites do acordeón na colaboración directa con diferentes compositores. Como nos lembra a Revista Musical Catalana, a propia Gubaidulina desfíxose en eloxios ao escoitar a súa obre De profundis na interpretación de Nikola Tanaskovic.

Convocatoria de participación no CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES

Aberta ata o domingo, 17 de xuño en www.musicanoclaustro.com

Música no claustro convida aos estudades de música das escolas e conservatorios galegos a participar no Ciclo de novos intérpretes o xoves, 9 de agosto. Unha oportunidade de mostrar aos públicos e familiares o traballo realizado durante todo o curso. Unha proposta que mantén viva a filosofía e o espírito de Don Ricardo García (1929-2017) de apoiar ás novas xeracións.

Please follow and like us:
Tags:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies